Este blogue diríxese a todas as persoas interesadas en compartir lecturas a través de Internet.
Leremos unha obra ao mes e participarase deixando os comentarios no blogue. Asemade, pode haber actividades adicionais que iremos propoñendo.
Se che gusta ler e intercambiar opinións, esta é a tua casa!
Toda suxestión en canto libros a ler, informacións adicionais á lectura ou opinións sobre temas xerais que xurdan é benvida. Nós mesmos programamos as próximas lecturas, pero estamos abertos a suxestións e ben que as apreciamos!
Como pequeno adianto das lecturas que van vir, temos proposto:
Xaneiro – Ninguén, Fran Alonso
Febreiro – A neta do señor Linh, Claudel
Se tes algunha dúbida podes escribirnos a falemosdelecturas@gmail.com
Animádevos a participar!
Paréceme unha idea moi auténtica. Tentarei participar na medida que poida. Parabens
Benvido Fernando, participa como poidas e queiras.
Saúdos
Felicitacións aos promotores e coordinadores desta idea fermosa
Estou agradecida de que me invitases e me informases deste blogue, intentarei participar.
Estou lendo “Cao Calmo” de Veronesi e gústame moito.
Benvida ao blogue, Elena. Xa nos contarás se che gustou Cao Calmo.
Se se pode ter en conta, a miña experiencia con Caos calmo foi alucinante. Poucos libros me fixeron emocionar tanto producíndome risa e case bagoas.
Paréceme unha iniciativa moi interesante, contade comigo.
Un saudo.
Eu tamén me apunto, comezarei en xaneiro con Fran Alonso. Anxos.
Benvidos vacorinho e Anxos
Saúdos
Anxo
Gustame a idea, procurarei, leer o libro de xaneiro.
Un saudo
Mercedes
Paréceme unha iniciativa estupenda. Únome co libro de xaneiro!!
Benvidas Mercedes e Ana, agardo que a partir de xaneiro pasemos bos ratos compartindo lecturas.
Saúdos
Anxo
Xa estou buscando o libro para leerlo, Anxo
Felices Festas
Mercedes