Próximas lecturas

En maio vamos ler “O retorno” de Bernhard Schlink.

2 Responses to Próximas lecturas

  1. sentenced wheels di:

    propoñome como escolledor para o mes de marzo. non é que desconfíe de quen escolle o libro, é que tanta novela fártame. teño aínda unhas 5 ou 6 por ler entre recomendacións, agasallos e libros de clubs de lectura e deprime ver a altura que levantan!!!!

    para marzo insisto en propoñer a lectura dunha obra de teatro. gustei moito de A Piragua, de Candido Pazó. O tema do libro é moi actual: os malos tratos. Pero non é unha visión descarnada da violencia de xénero senón que subxace baixo unha fina e galaica ironía.

    O libro lese nunha patada. Ademais creo que foi representada polo CDG, co que se pode pedir unha copia para visionar a posta en escena.

    Ademais, tamén podemos convidar Cándido ao club como fixemos con Fran Alonso. Que participe o autor da obra é unha das cousas que máis me gusta pois sempre aporta unha mensaxe que pode pasar desapercibida.

    Así que, se non vos importa, pídome a vez para o mes de marzo.

    Gustaríame que alguén propusexe algo de poesía. Se se me permite abusar da confianza eu propoñería unha autora rusa, Anna Akhmátova. Hai unha escolma moi boa en Rinoceronte. Ademais tamén se pode convidar ás tradutoras. Katerina traballa en Vigo e é doado contactar con ela. Non sería preciso ler todo libro. Eu propoño ler Poema sen Heroe ou o Requiem. Son apenas unhas dez ou doce páxinas de poesía. De boa poesía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s