Morgana en Esmelle


Image

Tal como falamos a semana pasada, imos comezar coa lectura de “Morgana en Esmelle”, a noImageva novela de Begoña Caamaño. Se non coñecedes a esta autora case novel, recomendámosvos unha visita por outros lugares nos que falan do seu primeiro libro, “Circe ou o pracer do azul”:

http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2010/05/circe-ou-o-pracer-do-azul.html

http://saedacuncha.wordpress.com/2010/05/15/begonha-caamanho/

http://clubptolomeo.blogspot.com.es/2010_11_01_archive.html

De “Morgana en Esmelle” temos esta recomendación feita por Marga Romero no Faro de Vigo á que podedes acceder premendo aquí. A ficha do libro que nos ofrece a editorial Galaxia tamén pode ser do voso interese.

Se vos prouguer, podemos dividir a lectura en dúas partes de cen páxinas cada unha. Cremos que podemos contar coa colaboración da autora para solucionar calquera dúbida que nos poida xurdir, algo ao que estamos malacostumando aos membros e que é un luxo de gran nivel.

Así pois, para este domingo día 15 podemos comentar a primeira parte, ata a páxina 102. Ata entón, feliz lectura!

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Estas entrada foi publicada en Abril-Morgana en Esmelle, Sobre as lecturas coas etiquetas . Ligazón permanente.

One Response to Morgana en Esmelle

  1. Fernando di:

    Achegándonos a Morgana si. E descubrindo novas caras do mito artúrico que me chocan porque nunca imaxinara a Merlín perdidamente namorado. Tampouco imaxinaba a vida en Avalon así como nola relata Begoña, resulta fascinante atoparse aquí cun Merlín tan preadolescente rompendo a imaxe que sempre tiven del na cabeza. E ese reencontro entre Viviana e Merlín tan íntimo…tan desafiante, deixando falar ó amor agora perdido.
    De Morgana aínda non teño unha opinión formada (vou polo capítulo 10) Pero xa falaremos dela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s