Benvidos a “Falemos de Lecturas”


Este blogue diríxese a todas as persoas interesadas en compartir lecturas a través de Internet.

Leremos unha obra ao mes e participarase deixando os comentarios no blogue. Asemade, pode haber actividades adicionais que iremos propoñendo.

Se che gusta ler e intercambiar opinións, esta é a tua casa!

Toda suxestión en canto libros a ler,  informacións adicionais á lectura ou opinións sobre temas xerais que xurdan é benvida.  Nós mesmos programamos as próximas lecturas, pero estamos abertos a suxestións e ben que as apreciamos!

Como pequeno adianto das lecturas que van vir, temos proposto:

Xaneiro –  Ninguén,  Fran Alonso

Febreiro – A neta do señor Linh, Claudel

Se tes algunha dúbida podes escribirnos a falemosdelecturas@gmail.com

Animádevos a participar!

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Quen somos. Ligazón permanente.

12 Responses to Benvidos a “Falemos de Lecturas”

  1. Fernando di:

    Paréceme unha idea moi auténtica. Tentarei participar na medida que poida. Parabens

  2. Anxo di:

    Benvido Fernando, participa como poidas e queiras.
    Saúdos

  3. Elena di:

    Felicitacións aos promotores e coordinadores desta idea fermosa
    Estou agradecida de que me invitases e me informases deste blogue, intentarei participar.
    Estou lendo “Cao Calmo” de Veronesi e gústame moito.

  4. Fernando di:

    Se se pode ter en conta, a miña experiencia con Caos calmo foi alucinante. Poucos libros me fixeron emocionar tanto producíndome risa e case bagoas.

  5. vacorinho di:

    Paréceme unha iniciativa moi interesante, contade comigo.
    Un saudo.

  6. Anxos di:

    Eu tamén me apunto, comezarei en xaneiro con Fran Alonso. Anxos.

  7. Anxo di:

    Benvidos vacorinho e Anxos
    Saúdos
    Anxo

  8. Mercedes di:

    Gustame a idea, procurarei, leer o libro de xaneiro.
    Un saudo
    Mercedes

  9. Ana di:

    Paréceme unha iniciativa estupenda. Únome co libro de xaneiro!!

  10. Anxo di:

    Benvidas Mercedes e Ana, agardo que a partir de xaneiro pasemos bos ratos compartindo lecturas.
    Saúdos
    Anxo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s