Quen somos

Somos un grupo de lectores afeccionados que gustamos de compartir opinións a través da rede.

O noso grupo está aberto a todo aquel que queira participar na lectura conxunta de obras que son propostas polos propios usuarios. Leremos unha obra mensual,  elixida polos propios lectores, que se anunciará a principios de cada mes na páxina principal do blogue. A participación é virtual; a interacción co resto dos lectores ten lugar principalmente a través de comentarios no blogue.

Se queres participar, só tes que ter ganas de ler, enganchar coa obra que estamos a ler e compartir as túas opinións connosco. Se queres  facer suxestións de próximas lecturas podes facelo na sección “Propoñamos libros”.

Pretendemos facer deste un lugar cordial, respectuoso e sen ánimo de lucro. Coidamos que a publicación de fotografías e citas literais de libros ou xornais non viole dereitos de copyright e, de facerse, será parcialmente e referenciando tanto aos autores coma ás fontes. Se es autor, editor ou axente representante de material reproducido nesta páxina web e non desexas que o material sexa publicado, contacta connosco e será retirado.

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com

10 Responses to Quen somos

  1. xabicuco di:

    Apúntome á idea. Volverei ler o libro de Auster para refrescarme a memoria. Parabéns pola idea.

  2. xabicuco di:

    Ah. E tamén deberei ler outra vez a Claudel para derlle a répica á miña amiga dos ronseis… Está moi ben isto de re-ler, cando se trata de clásicos. Xa o teño comentado noutras ocasións: é algo que fago expontaneamente moitas veces ao rematar un libro: volvo empezar polo comezo.
    ¿Por que a música escoitámola centos de veces e non cansamos e, en troques, as lecturas son, habitualmente, dunha soa vez?

  3. Anxo di:

    Benvido xabicuco, alégrome que te incorpores a este blogue, e agardo que disfrutemos compartindo lecturas xuntos.
    Eu poucos libros os lin 2 veces, e 3 creo que ningún, pero me ten pasado algunha vez de disfrutar máis coa segunda lectura que coa primeira.
    Saúdos
    Anxo

    • xabicuco di:

      Ah! Ao comezar a lectura (recomezar, debería dicir) de Sunset Park acabo de descubrir – non o recordaba- que este exemplar foi un regalo da miña filla polo meu santo fai un ano: 3 decembro 2010. ¿Será unha desas máxicas casualidades da vida das que é tan amigo Paul Auster? A min, agora que veño de descubrilo, paréceme que é unha coincidencia chea de significados…

  4. falemosdelecturas di:

    Benvido, xabicuco!

  5. Ola Xabiuco! Que xeito de agocharte! Para min eras Xabi e nada máis… Grazas por incorporarte e participar. Tes razón: eu nunca leo dúas veces o mesmo libro. É cuestión de tempo, non hai outra razón. Hai tanto novo por ler…
    E felicidades atrasadísimas, claro.

  6. xabicuco di:

    Xabicuco, Gracia. O cuco ven do nome familiar que lle damos ao meu coro universitario de Ourense.
    E grazas a todos polos parabéns, atrasados ou en hora. É unha forma moi orixinal de celebrar unha honomástica: empezando a participar neste foro.

  7. xabicuco di:

    Isto de ler para logo comentar, resúltame unha experiencia totalmente nova. Debo confesar que é este o primeiro clube de lectura no que participo (salvando algunha incursión en Trafegando Ronseis). É por isto que o estou a vivir coma unha novidade.
    Xa que logo, aínda non teño unha opinión formada sobre se me gosta ou non.O que si sei é que supón unha motivación engadida para a lectura.

  8. Laura di:

    Xabicuco, eu sí que teño participado en clubes de lectura. No meu caso resultou ser bastante adictivo, porque agora cando leo no verán, época na que xeneralmente os clubes non funcionan, síntome sola e me parece que me falta algo. Creo firmemente que compartir lecturas é unha experiencia do máis enriquecedor. Sobre todo porque non é común ter con quén facelo. Unha cousa é falar de libros, pero lelo ao mesmo tempo que un grupo de persoas é outra cousa distinta… porque os detalles están moi “frescos” para todos. Outra cosa que a mín me resulta moi placenteira é o mero feito de plasmar por escrito os meus pensamentos. Apertas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s