Estamos a ler: Sunset Park


Ola a todos!

Benvidos ao noso blogue, este mes de decembro imos ler e comentar a última novela de Paul Auster, Sunset Park.

Imos coñecer distintos personaxes. Empezaremos por Miles Heller.

Que vos parece este personaxe?

Florida. Miles Heller saca fotos de cousas abandonadas. Leva sen ambición ningunha dende que deixou Nova Iorque e os seus pais, e séntese culpable de máis para falar de cousas do pasado. Se non fose por Pilar… Si, ela é menor de idade, pero está a ler “O gran Gatsby”.

Con todo, as circunstancias fan que Miles acabe por aceptar voltar a Nova Iorque.

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Decembro-Sunset Park, Sobre Sunset Park. Ligazón permanente.

57 Responses to Estamos a ler: Sunset Park

  1. Anxo di:

    Ola, estou so coas primeiras páxinas do libro, con Milles Heller, gustoume a idea de fotografiar as cousas abandoadas nas casas (lembroume á película Smoke, guión de Auster, onde o tendeiro saia tódolos días á mesma hora a fotografiar o cruce onde se ubicaba a tenda), eso de que sinte que as cousas o chaman, que lle falen coas voces da xente que xa non está, pedindolle que as mire unha vez máis antes de as leven, antes de que morran entendo eu.
    Saúdos

  2. Laura di:

    Tamén polas primeiras páxinas. Ante todo sorprendida do modernísima que me resulta a novela, falando de temas tan actuais como a crise, a perda de vida social,e a dependencia total de terbellos electrónicos.

    O principio do libro promete, como de costume en Auster. Outra vez voltamos a personaxes tan desposeídos como as cousas que fotografían (esa idea de fotografiar as cousas abandoadas é moi fermosa e literaria), se cadra nun ambente máis sórdido que de costume. Ata a páxina onde me atopo, resulta difícil comprender por qué o personaxe decide prescindir de todo. Difícil de comprender tamén a relación coa rapaza, coa que mantén unha relación que me da un pouco de repelús… non por xulgala, ollo, senón porque non a comprendo; porque é unha relación que non me cadra dende un enfoque tan masculino.

    Ata o momento me está a parecer un libro ben escrito e moderno, pero non me está resultando moi agradable de ler. Outro problema que vexo é que en tan poucas follas que levo lidas, se están a narrar demasiadas cousas. Parece que pretende ser unha novela descritiva, mais os datos están concentradísimos en cada páxina, e ademáis son datos de peso, que remexen as entrañas… Teño certa curiosidade por saber cómo Auster vai desenvolver todo esto que nos propón.

  3. falemosdelecturas di:

    Déixovos aquí un enlace a un vídeo no que o propio Auster le o primeiro capítulo da súa novela.

    E aquí un enlace ao primeiro capítulo do libro (legal)
    http://us.macmillan.com/CMS400/uploadedFiles/custompagecontents/titles/sunset%20park%20excerpt.pdf

  4. lorenzo di:

    ola, preséntome: chámome Lourenzo e principio a participar no voso club da man de Laura. Ata este ano viña participando no club presencial de galego na biblioteca anxel casal pero por problemas de hoario tiven que deixalo. agradecido de antemán pola vosa iniciativa.

    De paul auster lin uns cantos libros. O que mais me gustou é Smoke e o que menos Através del scriptorium. De auster encántame como empeza os seus libros pero despois da un xiro copernicano e me descoloca totalmente. Ainda que me gusta moito adoita deixarme desconcertado e insatisfeito.

    Non lin sunset park pero queria destacar que o que menos me gusta do libro a priori é a súa tradutora, Eva Almazán. A traducion que fixo de brokling follies é infumable. nunca vin cousa tal. no club no que estaba tiñamola vetada por unanimidade. tamén limos a traducion que fixo de Nocturnos de Ishiguro. Horrorosa.Espero que desta vez non estrague a novela.

    A partir da semana que vén empezarei a postear algún comentario. Tamén me vou permitir falarlle do site a algunha outra xente, se o tedes a ben.

    agradecido pola vosa xenerosidade

    • falemosdelecturas di:

      Non hai de que, Lorenzo. A tradución tampouco me está a chistar moito (ando có orixinal a voltas)

    • Anxo di:

      Ola, eu estou lendo o libro en castelán, pero tiña boas referencias da traductora Eva Almazán, neste caso ao non ler a traducción galega non poido opinar. De tódolos xeitos, en xeral, estou agradecido aos traductores e editoriais galegas por poder ler en galego libros escritos noutras linguas.

  5. Laura di:

    Ola! Rematei a parte de Miles Heller, e ao coñecer os motivos que hai detrás da súa extraña conducta, empaticei moito máis con este rapaz. Disfrutei especialmente do capítulo segundo, moito máis que dos demáis. Cóstame moito traballo aceptar a edade dos dous personaxes: 28-16, e fágome moi pouca idea de cómo son físicamente (especialmente Miles). Como me traen reminiscencias de personaxes de novelas anteriores de Auster, tendo a imaxinar a personaxes que nin por asomo se corresponden con esa edade, e cando aparece algún detalle como a nota de selectividade de Pili descoxúntame bastante, porque instintivamente me costa moito asignarlle 16 anos. Segue a parecerme unha novela modernísima, que polo momento catalogaría de irregular. Non me interesou nada a historia dos nomes de xogadores de béisbol, gostariame que tivera desenvolvido máis o tema das fotografías a cousas abandoadas, o soborno non me cola e no capítulo 4 aparece outro personaxe difícil de asimilar, a nai biolóxica de Miles.

  6. xabicuco di:

    Eu, na relación con Pilar (tan polémica na sociedade americana) encontro unha certa homenaxe de P. Auster a Nabokov. O Auster é moi mítico e as súas obras están repletas de chiscadelas e pequenas homenaxes a autores que admira..

  7. xabicuco di:

    Onde dixen “mítico” quixen dicir mitómano. Desculpen!

  8. Anxo di:

    Ola, eu rematei onte coa parte de Miles e gustoume bastante, o que menos me gustou foi o tema de beisbol, neso coincido con Laura, parece como metido con calzador para sumar algunha páxina máis no libro.
    Pregúntome por qué Auster escolle o libro O gran Gatsbi para propiciar o encontro de Miles e Pilar e non outro título, non sei a causa, pero me imaxino que querría facerlle unha pequena homenaxe ou tería algo especial con ese libro nalgunha etapa da súa vida (o anoto como posible pregunta a Auster se conseguimos chatear con el 😉 ).
    Non me gusta cando nun libro ou nunha película se monta unha historia a partir dunha coincidencia imposible, como neste caso o encontro de Pilar e Miles lendo o mesmo libro -e non é ademáis un libro calquera- no mesmo sitio á mesma hora, pero a Auster llo permito.
    No inicio do capítulo 4 cando Miles emprende a longa viaxe no autobus merca varios xornais e revistas, cada un que faga o que queira, pero non me cadra mercar varios xornais.
    Ante a pregunta que se fai Miles -que o ten medio desquiciado- de se matou a Bobby querendo ou sen querer, eu inclínome a pensar que foi sen querer, é dicir, que o empuxou pero non coa mala leite de que fora atropelado.
    Gustoume no capítulo 1 a descrición que se fai nun párrafo do sol de Florida.
    Extráñame que a Laura non lle acaben de cadrar as idades de Miles e Pilar, a min non me choca, entendo de Pilar cos 17 como unha persoa máis preparada e madura do normal para a súa idade, pero si que os vexo aos 2.
    Saúdos

    • Laura di:

      Anxo, o tema das coincidencias/casualidades xa é recurrente nas novelas de Auster -aparece con moita forza en Brooklyn Follies, e retorna nesta-.
      A miña teoría sobre o Gran Gatsby é que esta última tamén é unha novela ambientada en Nova Iorque, nos anos da depresión, nunha sociedade decandente e decepcionada coma a que se nos amosa en Sunset Park. É tamén unha historia de amoríos desafortunados e imposibles nun ambente moi similar. Incluso no estilo narrativo, penso que Sunset Park ten moito de O Gran Gatsby.
      Qué curioso que te fixaras no detalle de mercar varios xornais! A min pasoume desapercibido, non me resulta tan extraño mercar varios xornais e revistas, en especial se un vai de viaxe. Supoño que te refires ao feito de que non te cadra que un home que leva unha vida dunha economía tan levada ao extremo merque non un, senón varios xornais. Quizáis esto se xustifique porque parece que coa decisión tomada, Miles está decidido a saír do marasmo no que leva vivindo todos estes anos.
      Persisto en que non me cadra para nada esa relación. A Pilar non a logro percibir como unha rapaza madura para a súa edade porque no libro é un carácter totalmente desdebuxado. O escritor non se tomou a molestia de describir nada dela alén do libro que está a ler e das súas preferencias sexuais.

  9. xabicuco di:

    Pois eu o asunto do beisbol véxoo coma unha brincadeira máis do Auster. Un deses xogos irónicos aos que é tan afeccionado.

  10. falemosdelecturas di:

    Unha semana con tantos festivos é propicia para darlle un bó adianto á lectura. Na segunda parte da novela coñeceremos a Bing Nathan, un rapaz gordecho que toca a batería e arranxa cousas rotas (quizáis tamén metafóricamente?). Bing é a única persoa con quen Miles mantivo contacto dende que marchou da casa. Escrebe cousas aburridas e monótonas, como a insatisfeita Alice Bergstrom, quen está escribir unha tese sobre a película “ The Best Years of Our Lives”. Corre o ano 2008 e os soldados americanos retornan da guerra de Iraq. Por outra banda, a delgadiña Ellen Brice quere ter mozo e ser artista.

    Que disfrutedes destes festivos e da lectura!

  11. lorenzo di:

    Fáltame o cap. 4 da I parte. cando remate con ela (dentro dunhas horas) volverei postear a miña opinión. De todos os xeitos ide botándolle esta entrevista a Auster: http://www.almamagazine.com/entradas-paul_auster-el_maestro_de_la_metanarrativa

    outra pregunta de peso: quen é siri hustvedt, a quen lle dedica un agradecemento ao final do libro?

  12. lorenzo di:

    ola, que siri hustvedt é a muller de auster xa o sei. antes de mandar o post xa lin dela a su biografia. o que quería dicir é se alguén coñecía algo dela.
    con respeto ao libro:

    Quería comentar que a opinión de Anxo de que lle o personaxe de Miles Heller lle lembra ao libro de Smoke ao fotografar cousas sen valor tamén a comparto eu.

    As opinión de Laura parécenme como o arroz: brillante. O que non comparto con ela é a visión masculina da relación entre Miles e Pilar.

    A referencia que fai Xabicuco a Navokov pode ser plausible pero eu non acabo de velo.

    Concordo con Anxo e Laura no tema do béisbol. Non forma parte do noso mundo literario e por iso se nos fai moi tedioso. Sobre o acontecemento de que dúas persoas se coñezan ao ler o mesmo libro non só o vexo posible senón tamén probale.

    a miña idea da primeira parte:

    o libro é unha crítica voraz ao canto de serea do soño americano: o gran gatsby critca que un pode ter todo o que queria con diñeiro pero sempre hai algo (o que un máis intimamente desexa) que non pode mercar. Cidadano Kane tamén vai por aí.

    O personase de Miles Heller (non Milles!!) ten un nome ben significativo: Millas de quen está no inferno. Que Pilar sexa cubana en Florida xa me parece máis un tópico. E a paliza dos gorilas de Angela chirría moito. Aquí Auster non está á altura.

    O tema do béisbol é moi aburrido pero moi importante porque pon de relevo non só nomes absurdos senón vidas marcadas polo absurdo. O sentimento tráxico da vida fai que Miles se identifique con esas vidas. O seu sentido de renuncia e illamento da sociedade americana é auténtico. Non é un cínico (pois practicamente lle deixa todo a Pilar) senón un inadaptado. Un personaxe de clase media que podía aspirar a levar unha vida como calquera dos seus pais pero prefire prescindir desde mundo que considera baleiro.

    Teño ganas de saber como vira a novela. Un novo ambiente, novos personaxes e un xiro na trama

    saudiños

    • Laura di:

      Vaia, tes razón. Escribín “Milles” en todos os lados… xa correxín os que puiden atopar.

      Encántame isto que dixeches e coincido plenamente:


      O seu sentido de renuncia e illamento da sociedade americana é auténtico. Non é un cínico (…) senón un inadaptado.

      Efectivamente. Ata o momento isto me parece o mellor da novela. Miles renunciou verdadeiramente; rompeu lazos e non ten lugar na sociedade, e, o que é máis importante, non ten gana ningunha de telo, nin fai nada por telo.

      a paliza dos gorilas de Angela chirría moito. Aquí Auster non está á altura
      Certo!

      …non comparto a visión masculina da relación entre Miles e Pilar.

      Bueno, explícome: dende o meu punto de vista, resulta bastante complicado entender que raio sinte Pilar por Miles. Que lle ve esta nena a este rapaz que se comporta como un adulto canso e sen gracia, un ser tan atormentado e abatido, tan desganado e tan -aparentemente- pouco atractivo…xa non como home, senón como ser humán. Miles é un absoluto perdedor, que nin amigos ten sequera -estou a comentar o argumento da primeira parte: Bing non aparece ata a segunda parte do libro-. Por outra banda, o seu pavor ante o embarazo parece desmesurado nos tempos que corren. Xa ten que ser un medo terrible para que unha rapaza de instituto renuncie dese xeito radical a experimentar unha sensación tan natural como unha penetración, e non se plantexe sequera o uso combinado de anticonceptivos, probablemente máis seguro que o sexo anal (por non falar das enfermidades de transmisión sexual).

      Veña, non me fastidies, Auster. Non sei ben cómo expresar esto sen soar a puritana…pero xa está ben. Xa que ti non tes tabús, eu non os teño tampouco.
      O do sexo anal – e non teño nada en contra del- queda completamente inxustificado. Sí. Dende un punto de vista femenino racional e sen explicar nada máis, eso non cola, e máis nunha nena de 16 anos. Como se nota que nunca fuches rapaza de 16 anos. Nah. A min cóntame que lle pasa a esta rapaza e quén é, non ma vendas como un mero obxecto de compañía. Non me contes detalles da vida sexual de quen sexa para logo non afondar no tema. Explícame por qué ese medo terrible, qué raio lle atrae de Miles, qué lle fai ler o Gran Gatsby e por qué lle fai tanta gracia que un xogador de béisbol se chame X. Personaxe descuidadísimo, Paul. Así non vale. Pura obsesión a túa con eso do sexo anal, que neste caso chirría por tódolos lados…

  13. lorenzo di:

    unha preguntiña: a parte de laura, coñezo a alguen mais no club?

    • Anxo di:

      Ola lorenzo, creo que non nos coñecemos, igual coincidimos na viaxe a Mondoñedo organizada por Patricia (coordinadora clubs de lectura Anxel Casal, …) hai máis menos ano e medio, eu fun á esa viaxe pois estiven varios anos no club de lectura virtual da biblioteca Anxel Casal de Santiago.

      • Laura di:

        Coincidimos os tres o ano pasado na cena do Garum, pero estabamos en mesas distintas, Lourenzo 🙂

  14. Anxo di:

    Ola, outra cousa que me chamou a atención do apartado primeiro do libro, de Miles, foi a soidade na que se atopa e na que viviu, que duro levar media vida coa pregunta de se matou a Bobby querendo ou sen querer e non ter con quen falalo, reflexionalo,…!!!!.
    Debe ser un tipo moi introvertido, ante a conversa que escoita dos “pais” falando mal de Miles, sen que os “pais” souberan que está Miles na casa, Miles non foi quen de falar o tema preferiu irse, … desaparecer.

    • Laura di:

      Iso de que viva atormentado porque non sabe se foi querendo ou sen querer tampouco o acabo de entender moi ben. A que se debe esta falta de consciencia? porque normalmente, por moi ofuscado que un estea, no seu interior sabe perfectamente se algo é intencionado ou non. Comprendo o seu sentimento de culpabilidade e o trauma que iso tivo que supoñer para el, especialmente se foi sen querer… porque se foi querendo, entón a tódolos efectos cometeu un asasinato e tería que estar no cárcere, en detrimento da novela. Ben, isto do trauma é unha especie de xustificación para explicar que algo foi algo “moi forte” o que lle levou a Miles a romper con todo. Igual é que Miles está tocado e é unha víctima do sistema, pero neste tema, lamentablemente, non se afonda demasiado polo que, como lectores, só podemos especular ao respecto.

      Non creo que os pais estiveran a falar mal del. Para min estaban a ter unha conversación familiar normal e lóxica, estaban a falar do seu fillo e os seus problemas. Entendo que non lle resultara agradable de escoitar, pero non tanto que por iso decida marchar. Aí cruzóuselle o cable.

      Penso que Miles ten uns pais mois bós, non estou tan segura de que el se comportase como un bó fillo.

  15. Anxo di:

    Empecei coa parte de Bing, paréceme un tipo moi interesante, polo inicio da descrición paréceme XENIAL!!!!, en cousas estou de acordo ou coincido e xa que toca a batería (neso non coincido 😉 ) poño uns enlaces por se queredes escoitar (non sei se ao pinchar neles irá á páxina web, senón copiar e pegar no navegador):

    – neste enlace con Gene Krupa na batería: http://www.goear.com/listen/de2444d/drum-boogie-martha-tilton-and-gene-krupa-band

    E por último unha pasada de so de batería en video de Buddy Rich
    http://wn.com/Solo_de_bateria_de_Buddy_Rich

    saúdos
    Anxo

    • Laura di:

      Anxo, non imaxinei eu un estilo tan swing, senón máis ben un funk coma este:

      O inicio do capítulo de Bing é tan brillante que por sí so xa fai que pague a pena ler a Auster. Lástima que non remate nunca as faenas… Por certo, non vos parece que abusa un pouco da enumeración neste capítulo?

  16. lorenzo di:

    antes de empezar a comentar a 2ª parte quería comentar algo que me chamou moito a atención cando o lin pero logo esquecín: o tema do sexo anal. concordo con Laura na visión imcompleta e puritana de Auster. Reflexionando sobre isto non sei se é un gag para criticar non só esa américa puritana senón a “desinformación por exceso de información” da xuventude. se hoxe en día se lle preguntase a unha nena de 16 de galzia sobre sexo, seguro que nos darían máis dun susto as súas respostas. Cómpre pensar que Pilar é de clase moi humilde e por riba está baixo o amparo dunha irmá posesiva e inculta.

    O que comenta Anxo sobre a actitudes dos pais de Miles cando están a falar del concordo nun 100%. É Miles quen de non saber afrontar a situación. Non é culpa dos pais.

    O último que quería comentar é que despois deste libro sería bo volver reler O gran Gatsby. Lino hai 20 anos e non me lembro moi ben del, pero o tema da insatifacción persoal do seu protagonista pode xustificar que Miles e Pilar estean a lelo cando e coñecen.

  17. Ola. Só dicirlle a Lorenzo que eu si lin algunha novela da muller de Auster e creo que é moi boa, non ten nada que lle envexar ao seu home, aínda que semella que se sitúe -ou a sitúen- como “muller de” en lungar de darlle o nome que teñen que darlle por ser escritora e facelo tan ben coma calquera outro. Vén de saír unha novela súa ultimamente, non sei que tal estará.

  18. Laura di:

    Ola! Na segunda parte, no barrio de Sunset Park, coñecín vagamente a uns personaxes que teñen como nexo común a infelicidade e o descontento. Atiborrada de ideas interesantes sen desenvolver (o hospital de cousas rotas no que traballa Bing, a furia interior de Miles- este rapaz está coma un cencerro-, a relación de Bing con Ellen – outra que tal baila-, a relación de Ellen con Alice, a ocupación ilegal da casa… ) e de enumeracións innecesarias e aburridísimas (os corpos que xacen no cemiterio, todos os instrumentos que toca Bing, os detalles da película “os mellores anos da nosa vida” -o final do capítulo de Alice resultoume absolutamente in-fu-ma-ble!-) non teño tempo algún para facerme unha idea da profundidade dos personaxes, atendendo a este narrador onmisciente que quere contalo todo e acaba naufragando por tódolos lados. Onde está o mestre da metanarrativa? (metanarrativa é unha palabra que está moi de moda, así que non vou desperdiciar a ocasión de utilizala 😉 )
    Mestre da metarrativa? Pois vaia co mestre da metanarrativa, que non pode evitar ser recurrente ata a saciedade, repetíndose a sí mesmo e describindo unha e outra vez o mesmo tipo de personaxe. Aínda por riba non se corta metendo personaxes: nunhas poucas follas temos que coñecer a estes rapaces, aos seus mozos e exmozos (Millie, Jake), e saber o que fan, e o que fixeron, e os seus desexos, e a súa vida sexual, e as súas preocupacións, e as súas miserias.
    Por min, está ben que renuncie a contarnos unha historia lineal, pero non por eso hai que encher o libro de pasaxes hiperdescriptivos que interrumpen completamente o ritmo da historia, e encima non teñen ningún tipo de interese! E o que é peor, abre boca con ideas moi prometedoras, e déixaas colgando para meter outras, que tamén quedan colgando, e non hai espacio algún para a reflexión. Pinceladas ao azar que non conforman un todo.
    É indudable que se marca párrafos que soan moi ben. Pero non sabe nin se molesta en culminar, e penso que xa está ben de cobrar unha e outra vez por escribir a mesma novela.

    • Anxo di:

      Ola, non cheguei ao final do libro, vou no inicio da última parte (onde pon “todos”), pero polo de agora o libro gústame e non comparto as críticas de Laura, para min é un libro no que hai cousas que non profundiza, pero as podemos continuar cada un de nos, e que relata moi ben a vida e os sentimentos principalmente de Miles e en menor medida dos que están na casa de Sunset Park, con maior peso de Bing.

  19. xabicuco di:

    Wuau! Nunca lera unha crítica tan dura ao Auster. O malo é que pode que teñas razón… Seguiremos lendo con esa dúbida tras da orella.

  20. xabicuco di:

    Ten un arte especial o Auster para tocar e sacar temas de interese. Aínda que, como di Laura, para deixalos aí, sen desenvolver. Por exemplo: no capítulo 2º, o tema dos okupas. Mira que non está de actualidade! Aquí e nos USA, coas últimas accións do movemento Occupy…

  21. lorenzo di:

    Laura, véxote moi indignada.

    a min ocórreme fecuentemente con Auster: é brillante por momentos pero sempre se lle acaba por ir a pinza. Agora aproveito para meter aquelo de “ves, xa cho dicía eu, sempre che (me) deixa a medias…” Ben, non hai que desesperar.

    volvendo ao libro:

    A parte de Bing é fabulosa. eu quero ser Bing! A parte de Alice e Ellen resultáronme intranscendentes, mesmo confusos.Son personaxes moi reais pero literariamente planos, sen transcendencia. Eso si, un chisco ridículos. Na parte de Miles, destaco a súa obsesion (que non afección) polo tema das cousas sen vida: merca un libro ilustrado sobre os mortos do cemiterio e logo vai e os fotagrafa. Non sei, será algo así como un antropófago… non sei, digo eu!

    Sería bo trazar un paralelismo entre Bing e Miles. Os dous séntense atraídos por obxetos sen vida. Pido agora a vosa opinión porque eu aínda non o teño moi claro: a diferenza está en que Bing pretende rescatar a alma que os obxectos tiveron algún día mesntres que a Miles os obxectos o levan á xente que os puido ter utilizados. Vós que opinades. Eu aínda non teño isto moi claro. Tampouco sei se isto é importante para a novela.

    • Anxo di:

      Ola lorenzo, non vexo paralelismo entre Miles e Bing polo que levo lido ata o momento, si vexo esa coincidencia que dis de que se sinten “atraídos por obxectos sen vida” e vexo interesante esa diferencia que detectaches entre un e outro ao respecto.

  22. Laura di:

    Non pretendía soar indignada, pero tras rematar a novela, sí que se me quitaron completamente as ganas de ler nada máis do Auster. Tentarei sacarlle algo bó e moderar a miña acidez.

    Ese paralelismo Bing – Miles:

    Os dous sinten as novas tecnoloxías como un perigo-ameaza que altera a conciencia do home (lanzo pregunta: vós credes esto?)
    Ambos están fóra do sistema, e sinten nostalxia polo pasado. Fóra do sistema non só emocionalmente, senón tamén literalmente (viven rozando o límite do ilegal).
    Sinten nostalxia polo pasado porque non teñen lazos de unión con el (pero… voltarían ao pasado de teren a oportunidade? posiblemente non)

    A diferencia é a causa pola cal non teñen lazos de unión: Bing (o mellor da novela, pero Lorenzo, por deus santo, non te me queiras parecer a el!) é fundamentalmente un rapaz sen sorte, que non tivo elección, e o seu rexeite non é voluntario, senón que ten que ver coa crueldade da vida, mentres que Miles ten un espírito destrutor, e se non levanta cabeza non é porque non poida (ten un apoio familiar que rexeita, pode ter cartos pero non os quere, ten unha rapaza que lle quere pero en lugar de afrontar o soborno e seguir con ela prefire fuxir). Bing é un fracasado valiente, Miles un fracasado cobarde. Bing é unha persona emocionalmente íntegra, Miles non.

    Por iso Bing trata de reparar (incluso trata de reparar a relación de Miles cós pais), mentres que Miles…

    antropófago? …non creo
    os obxectos o levan á xente que os puido ter utilizado?
    … non o creo tampouco, a Miles a xente impórtalle un comino.

    Para mín é un existencialista: a negación. Un pesimista que atopa o mundo miserable. Como apuntaba Lorenzo, a súa renuncia é sincera; el chegou á conclusión de que o logro do desexo non proporciona a felicidade (Charles F. Kane tardou en decatarse desto) así que, simplemente, decide non desexar. O problema é que esquece que o desexo, e a falta dalgunhas cousas que un desexa, son elementos indispensabeis para a loita e a realización dun home.

    Así que Miles non ten ambición ningunha, e eso convírteo nun inadaptado. Ten algúns recunchos que lle proporcionan certo confort (fotografiar cousas abandonadas, Pilar e o seu buratiño, falar de libros con Alice…) e alí se arrima. E cando non se pode arrimar alí, asoma o único que hai na súa alma: ira e desprezo polo mundo.

  23. Anxo di:

    Ola, estou lendo a parte do pai de Miles (lin os 2 primeiros) e gustoume moito os capítulos 1 e 2 referidos a este.
    Gústame o recurso de Auster de analizar algunhas esceas dunha película, o que non me gusta é que se repita usando ese recurso noutros libros. Terei que ver a citada película.
    Gustoume a frase “un pequeno mundo aparte en donde el tiempo se mueve tan despacio que poca gente se molesta en llevar reloj” (na edición de Anagrama está no fin da páxina 123).
    Do lido ata agora as partes que menos me gustaron foron as de Alice e Ellen (coincido con Lorenzo).

  24. Que vos parece se analizamos a terceira parte do libro? Afondamos un pouquiño na figura do editor Morris Heller?
    Morris síntese culpable polo seu fillo Miles, e desexaría ter sido un mellor pai. Que pensades do seu sentimento de culpa?
    Cómo vedes a relación coa súa muller, Willa? E coa súa exmuller, a excéntrica actriz Mary-Lee?
    Parécese Morris a Miles? En que sentido?
    Sería moi interesante tentar establecer un paralelismo entre estes dous personaxes.

  25. Laura di:

    Ben. Empezamos esta parte e temos a dous homes nos 60, Morris e Renzo, xantando nun delicatessen xudeo de Broadway, despois do funeral da filla dun amigo, Suki, que se acaba de suicidar. Unha rapaza nova, unha auténtica traxedia, que… alguén puido sentir? Porque eu non. Non fun capaz de internalizar esa traxedia porque simplemente é un telón de fondo e na seguinte páxina Auster se pon a escribir de… (tacháaaan) escritores!

    Agora, a tráxica morte de Suki xa non ten nada de importancia, senón que voltamos ao universo de posibilidades irrealizadas. Así que nos describe detalladamente o menú que están a tomar, como era a pensión onde vivían cando eran xóvenes, aprendemos dos libros que Renzo publicou, e tamén que agora se sinte baleiro.

    Cando parece que se van poñer a falar do interesante (Miles) resulta que Morris non ten gana, polo tanto se nos describen os premios literarios e viaxes de Renzo. Ah, e as súas lecturas. Volve a insistir na súa apatía. (Neste intre o funeral xa é historia, era tan só unha tomadura de pelo? ou unha excusa para xuntar a estes dous?)

    Ah, pero esperade, que hai sorpresa. Resulta que Renzo, mentres viaxaba a Europa viu unha película e tivo unha idea. Unha película que lle gustou, pero eso é o de menos. O importante é que alí un tal Cochran, un personaxe secundario, pero que tivo moitos proxectos despois en Sudamérica, tivo un lío coa súa nai, e Renzo está interesado en utilizar esta idea para unha novela, porque a atopa interesante.

    E con esto remata o capítulo.

    ….

    Con toda honestidade, encantaríame que os que estades a disfrutar a novela me explicarades qué é o que estades a ver nela. A min, con total sinceridade, paréceme intolerablemente aburrida, pouco traballada, mala a rabiar, desconcertante, sen ritmo narrativo e chea de personaxes e ideas planas. Nalgúns momentos case chega a rozar a tomadura de pelo.

    Acato solemnemente a miña perda de puntos do meu carné de lectora, e descúlpome por non te-la intelixencia suficiente para entender a este xenio.

  26. lorenzo di:

    ben, xa rematei a novela.

    a 3ª parte resultoume infumable. auster en barrena. non ten nin pés nin cabeza. coincido con Laura que o que se narra son escenas independentes e inconexas. gústame pensar que son os fíos soltos que todos temos nas nosas vidas, pero unha novela non a entendo como unha biografía e poñer enriba da mesa moitos temas e deixalos sen resolver non me parece atinado.

    A 4ª parte é un acto de fé. Semella que todos os personaxes buscan ser redimidos polos seus pecados. Resultoume empalagoso e mesmo molesto ver como todos se converten en presonaxes novos despois de atoparen o perdón público aos seus pecados. Tanta pastelería barroca vese truncada pola acción da policía que introduce a realidade nun ambiente místico e perfecto. A descrición da poli resultoume incrible. posiblemente fosen unha parella de munipas pero está descrito como se fosen os Geos. Todo para acojonar a Miles e facer que volva escapar.

    Unha novela é para idiotas.

    quería comentar as continuas referencias explícitas que Auster fai ao sexo: anal, homosexual, masturbación, pedófilo(?) (non encontro outra palabra para describir esa relación entre Miles e Pilar), infidelidade, etc. Por unha banda parécenme escandaloso a liberdade con que escribe sobre o tema pero cando paso a páxina se me esquece totalmente o tema do sexo. Non prenden as imaxes no maxín. Por que?

    A impresión xeral da novela coincide, unha vez máis coa de Laura: que ten esta novela que pague a pena para ser lida? sigo pensando que o mellor de Auster xa está feito hai máis de 20 anos. Auster xa leva un tempo senil. As súas últimas novelas resultáronme moi pouco atractivas.

  27. lorenzo di:

    aínda sigo a matinar na novela. esquecía facer un comentario-pregunta:

    é sunset park unha novela coral onde o que menos importa son os protagonistas senón máis ben a intencionalidade do autor?

    por intencionalidade cavilo que auster tenta mostrar unha sociedade americana en crise de valores, de aí as recorrentes citas a os mellores anos da nosa vida [que procurei ver pero quedei durmido dúas veces e xa non o intentei unha terceira]

    ou ben
    en troques de ser un novela coral, todos os protagonistas da novela, incluído o seu alter-ego Renzo, teñen autonomía por si mesmos e exemplifican diversos estereotipos de vidas paralelas, sen máis conexión que coñecerse entre eles e a crise na que se ven inmerso é unha crise indivudal, vital máis que social, e por iso auster nunca afonda nas actividades nin actitudes de ningún deles?

  28. Laura di:

    Ola, Lorenzo:

    Ante todo, felicitarte polos teus excelentes comentarios, que realmente invitan á reflexión. Aparte deso, dase a circunstancia de que coincido plenamente con eles.


    é sunset park unha novela coral onde o que menos importa son os protagonistas senón máis ben a intencionalidade do autor?

    Eu creo que “pretende” ser unha novela coral, pero pérdese polo camiño. A etiqueta de “novela coral” podemos darlla a Dublineses, de Joyce, ou ás novelas de Thomas Mann. Fiadas, traballadas e onde realmente unha abrumadora cantidade de personaxes entrelázanse uns cos outros de xeito que se palpa un ambente, unha época… e sen que ningún protagonista leve a voz cantante, todo cadra, todo se reflicte, todo ten sentido.

    Para min, Sunset Park non é unha novela coral. Eu diría que é metanarrativa experimental. Un amasixo de personaxes unidos polas circunstancias, pero tan baleiros de significado, tan pouco profundos que todo resulta falso, non inspira sentimento e impide que a comunión escritor-lector chegue a bo porto.

    (Miles) …se quedó doblemente impresionado cuando (Pilar) sostuvo que el personaje más importante de la novela no era Daisy, ni Tom, ni siquiera el propio Gatsby, sino Nick Carraway (…) Es el único personaje con los pies en la tierra, el único que puede mirar más allá de sí mismo. Todos los demás son gente perdida y superficial, y sin la humanidad y comprensión de Nick, no seríamos capaces de sentir nada por ellos. Si la historia la hubiera contado un narrador omnisciente, no habría sido ni la mitad de buena.

    E claro, Auster debe aburrirse, e quere probar a facer experimentación co rol de narrador, a ver se recibe tamén os piropos de lectores como Pilar… e estréllase. Estréllase xa dende o principio, e logo, na súa ansia por rematar tal despropósito, cae en picado.
    A sabendas de que lle avalan moitos premios e cantidade de incondicionais, seguramente nestas alturas da sua vida, esto a Auster lle trae máis ben sen coidado.
    Pero a min, a deus poño por testigo, no me volve pillar noutra. 😉


    Non prenden as imaxes no maxín. Por que?

    Porque viola completamente as reglas da narrativa. Auster esquécese de suxerir e facer sentir ao lector. El é quen maioritariamente informa e xulga. Por exemplo:


    ” Sí, está enamorada de él y sí, a pesar de sus escrúpulos y vacilaciones íntimas él también la quiere (…) Cabe observar, para que conste, que no se trata de alguien que tenga especial fijación por las chicas jóvenes”

    Grazas, Auster, por obligarme a tragar con tal xuízo (o teu: grimosamente puritano e con trazas xa de vello verde, por certo, os anos non pasan en balde). Onde queda pois o meu rol de lectora? Qué espazo lle deixas así á intelixencia do lector? Por qué me informas sen máis, sen falarme e amosarme ese amor que eles sinten? Cansácheste de ser escritor? Esquecíscheste do que é a literatura?
    Porén, non utiliza este estilo ao longo de toda a novela. Con este estilo non se enchen follas, así que hai que ralentizar a acción con divagacións dos propios personaxes. Aparecen así os temas que lle gustan a Auster (o beisbol, o cine, Liu Xiaobo). Que a el gústanlle, pero particularmente a min non. Atópoos soporíferos, síntoo.

    O tema da “xustificación” e aspectos da última parte déixoos para o próximo comentario. É bastante por hoxe.

  29. Anxo di:

    Onte á noite lin o apartado de Alice que está na 4ª parte do libro (Todos) e gustoume especialmente, contando do seu traballo no PEN, de como lle quedara gravada a proclamación da fatwa contra Salman Rushie cando tiña 10 anos, a súa incomprensión de alguen poida condear a morte a outra persoa porque esta so puxera un pouco de tinta nun papel e de como ve a Miles, dándolle importancia a que non pertence á xeración de chicos faladores.
    Por qué me gustou especialmente?, pois de entrada non lle vexo nada especial, pero si me enganchou a historia e me gustou como está contada.
    Non ten maior importancia, pero no último párrafo deste apartado (edición en castelán) pon “empiezan a llamar a la puerta” e como que conta a posteriori non me ten sentido usar o término “empiezan”.
    Pensando nos motivos de por qué me está gustando este libro penso que se debe a que me gusta as historias que conta, me gusta como as conta, Auster conseguiu que me situara nesas vidas e tamén por tratar de “persoas perdedoras”, e en xeral na vida sinto unha atracción especial cara ao “perdedor”.
    De tanto mencionarse no libro a película “los mejores años de nuestra vida” acabei pensando nos millores anos da miña: os 18, os anos do nacemento do 1º fillo e o momento actual non está mal, pero teñen que pasar uns anos para valoralo.
    Saúdos

  30. Ola! Xa vexo que as opinións da novela non son precisamente boas. Eu lina hai tempo, pero coido que cando ía pola metade estaba a pensar na capacidade que ten este home de envoverte coa súa linguaxe sen dicir nada de interese, sen dar moito a cambio. Simplemente, paréceme que é bo escritor. Conicido convosco: gustábanme máis as súas novelas de antes cás de agora. Porén, segue a parecerme que domina ben a pluma, darlle reviriganchos á linguaxe e atraparnos. Cando pechamos o libro podemos pensar, de que ía o libro? pero sentimos que estivemos lendo algo ben escrito.
    Non sei. Eu teño esa impresión.

  31. Busquei o que colgara do libro no seu día:
    Gustoume por esa calma tormentosa que transmite. Por esa contemporaneidade que vivimos. Por ese debate existencial que ás veces semella cercano e outras afastado de nós. Pola actualidade. Porque os e as personaxes son de carne e óso. Polo medo económico, sentimental, escénico. Polo amor á lectura e aos libros. Por ese editor en crise e ese escritor sen ideas (autobiografía, quizais?)
    Non é, nin de lonxe, a súa mellor novela. A súa lectura é doce, agre, saborosa, sosa (o béisbol, que lonxe nos queda!), lenta, rápida, triste… pero non é indiferente. Hai elementos que non gustan e hai personaxes incompletos. Pero hai un gusto de boa literatura que este autor sabe ofrecer. E como tal, creo recomendable. Porque, ao fin e ao cabo, o foco de unión de toda novela, de todos os personaxes -con voz propia- é a busca da felicidade. E hai alguén por aí que non a busque?
    Por certo, aqueles que amen o filme “Os mellores anos da nosa vida” deberán ler a novela. Toda unha homenaxe a esta película.

    • Laura di:

      Excelentes comentarios, Gracia: gustáronme moito.
      Porén, non coincido contigo en que sea boa literatura. Eu, esta novela recomendaríaa so aos incondicionais de Auster. En min, por exemplo, é un libro que non vai deixar pegada algunha, aparte de que me aburrín bastante léndoo.
      Vexo que a todos nos chamou a atención o tema do béisbol. Curioso.

  32. lorenzo di:

    moi bos comentarios, Gracia!

    As criticas que eu lle fago ao libro son ao libro en si mesmo como ficcion literaria. Penso que todos recoñecemos a mestría e, mesmo, a cercanía de Auster. Pero penso que se precisa máis. Non chega con extraer citas fermosas ou literariamente perfectas (o treito incial da 2ª parte onde describe a Bing penso que é o mellor escrito da novela). A realidade que narra debe ser harmoniosa (que non fermosa) coa ficción narrada. Aos e ás personaxes que Auster inventa parece que lle regalan un destino, nunca como froito dunha busca interior senón como capricho literario do seu autor.

    Agora mesmo estou lendo Entre la bruma, de Simonetta Agnello Hornby. A escrita é fabulosa. Abonda con ler un só capítulo (que nunca sobrepasa as 6 páxinas) para decatarte que estás diante dunha escritora moi boas en canto estilo. Aínda así estame a custar ferro e faiña acabalo pois dilata tanto a trama e simplifica tanto os personaxes que o libro non acaba por enganchar.

    Para min o concepto de harmonia literaria é algo tranversal a todos os elementos dun libro.

    Ah, por certo, e xa remato, busquei o que Laura chamou metaliteratura pero a definición que atopei é de Dario Villanueva e ven a ser algo así como literatura que fala de literatura. Nesta obra de Auster no existe tal cousa. Máis ben será metacinema.

  33. Laura di:

    Hehe, Lorenzo. “Metanarrativa” lle chamei, e se lle chamei dese modo é porque nalgún sitio lin “Auster: O mestre da metanarrativa”, e sorprendentemente é a terceira vez en pouco tempo que me cruzo con ese termo, por eso me chamou tanto a atención.

    Tal foi así, que non so mirei na wikipedia…

    La metanarrativa será, por tanto, una historia más allá de la historia, que es capaz de abarcar otros “pequeños relatos” en su interior, dentro de esquemas abarcadores, totalizadores, trascendentes o universalizadores.

    senón que tamén lle escribín ao autor do artigo para preguntarlle que raio quería decir con metanarrativa, e mo explicou moi amablemente.

    E deste xeito aprendín algo novo, e quería presumir delo diante de todo o mundo.

    🙂

    Apertas

  34. lorenzo di:

    ola laura, entón sio da metanarrativa non é nada novo, xa o facía cervantes. dentro do quixote hai uns cantos “pequeños relatos dentro de esquemas abarcadores, totalizadores, trascendentes o universalizadores”. eu penso que a alguen lle vai tocar a lotería estes días.

    • Laura di:

      A metanarrativa non é nova en absoluto. O que é novo, ou novidoso se queres… é o de chamarlle “metanarrativa”, que soa moi requeteposmoderno.

  35. lorenzo di:

    indagando un pouco mais atopei este artigo na vikipedia en catalán que é ben distinto do que fala laura. está por estudar se o que aquí se expon é certo ou non:

    La metanarrativa, més coneguda com consciència popular o realitat col·lectiva, és una narrativa o història que és simultàniament possible i desitjable construir. ES tracta del discurs oficialista que fa el poder per tal de crear un sentit de benestar i felicitat entre els individus. Una imatge de com s’ha de construir, mantenir i organitzar la societat.

    La metanarrativa consta d’imatges (símbols), visions, percepcions i històries que formen aquesta realitat col·lectiva que aporta als seus membres benestar i felicitat.

    S’utilitza normalment com a reproducció fidedigna de la realitat per tal de justificar i legitimar el model social i polític establert. Diu que és bo i perquè és bo.

    Perd l’efectivitat quan la distància entre la realitat i la metanarrativa, o la percepció de com funciona el món i la forma en què s’ha explicat és tan gran que ja no és creïble. En canvi, té efectivitat quan la realitat i la història narrada són similars.

    o que pon na wikipeida e que laura copiou semella mais, con perdón, unha palla mental do pasiano queo escribiu. non o entnede nin el.

    inclinome pois a considerar a metanarrativa como a imitación que a narración fai da realidade social. Vamos, hai 20 anos estaba de moda o que se chamou o realismo sucio e agora se chama metanarrativa.

  36. Anxo di:

    Ola, onte rematei de ler Sunset Park, do final me chamou a atención que cando parecía que o final iba a ser de todos foron felices e comeron perdices, resultou ser un final triste e pesimista, non me gustou como rematou a novela, pero non por ser triste ou pesimista, paréceme razoable que non teña final feliz.
    Do que falades en comentarios anteriores de se é unha novela coral, penso que non, tal como está escrito parecen vidas independentes unidas pola casa de Sunset Park ou Miles, por momentos me pareceu que os relatos de Alice e Ellen, e en menor medida Bing xa os tiña escritos con anterioridade e decidiu pegalos na historia de Miles.
    Co da metanarrativa, considero que Auster non ten culpa de que algún crítico lle poña o titular de “Mestre da metanarrativa”, eu condidero a metanarrativa que son historias dentro dunha historia.
    Saúdos

  37. Ola a todos!

    Para rematar coa lectura deste mes, podedes valorar o libro na enquisa que acabamos de engadir na páxina principal.
    No final da novela ocorren moitas cousas, todos os personaxes entrecrúzanse e todo adquire unha nova dimensión. Un pouco pesimista o final, non credes?
    Que vos pareceu a novela en conxunto? Recomendariades esta novela? Que vos gustou máis, e que menos?
    Moitísimas grazas a todos pola vosa participación.

    Boas festas. Que entredes no “mellor ano das vosas vidas”.

    • Anxo di:

      Pois eu acabo de votar.
      Vexo que despois de votar, permite ver como van as votacións e xa intuo quen serían os que puxeron as malas notas 😉
      A min en conxunto a novela gustoume, e si o final é pesimista, como a realidade 😉
      Feliciano 2012, que sexa o millor ano das nosas vidas e deste blogue 😉
      Saúdos
      Anxo

  38. xabicuco di:

    Historias e máis historias; acios de historias. Así é como eu vexo “Sunset Park”.

    Auster encadea historias coma cereixas nun cesto: tiras por unha e saen dúcias máis. Semella unha “sinfonía de historias”. Tal é a exuberancia de temas e personaxes; de melodías entrelazadas que non rematan nunca.

    O curioso é que un, que na música é máis amigo das formas breves e concisas da canción polifónica, cando de literatura se trata prefiro as formas extensas da narrativa, chea de múltiples historias e quedo abraiado ante a riqueza temática que brota da pluma dun narrador xenial; deste contador de historias en estado puro que é o Auster.

    Saudiños

  39. Laura di:

    Sí, Anxo, eu confeso. Eu fun unha das que votou a novela cun tres, e aínda penso que fun xenerosa dabondo. Un punto foi pola primeira páxina do capítulo de Bing, outro por algunha frase solta que outra, e o último non sei moi ben por qué foi, supoño que por mera compaixón a un mito caído. Unha semana e pico despois de rematar a novela, afortunadamente non lembro case nada dela, e hoxe -recén rematei “84 Charing Cross road” e empecei “Alguien voló sobre el nido del cuco”- penso que non merecía máis dun 2.

    Adentreime con entusiasmo en Sunset Park, que prometía ser unha alegoría pesimista da vida norteamericana contemporánea na década de bancarrota espiritual:pero non. Unha crítica as debilidades da vida moderna: tampouco. Unha novedosa choiva de interesantes perspectivas no tocante á crise imperante: tampouco. Unha novela que afonda nas crises existenciais do home moderno: tch-tch. Metanarrativa: huh?

    Decepción total.

    Para min minten os que como tal describen a novela, e tamén os que lle chaman a Auster contador de historias, pois non hai alí historia algunha, nada fiado, ou polo menos eu non a atopei. Non hai argumento, nen hai nada deso que é literatura. É unha Novela Morta -e de verdade que me gustaría moito atopar a alguén que non estea dacordo conmigo, para pedirlle a que me conte qué ten esta novela que pague a pena transcorridos 6 ou 7 meses da súa lectura; e ogallá me convencera! Eu de bo grado cambiaba de opinión e abría os ollos. Porén, hoxe debo ser sinceira e decir que non me gustou nada, pero Nada-.

    Nalgún intre, sí distinguín algunha frase alumbrada, de bo escritor. Na meirande parte… só pensamentos desorganizados dun que foi escritor, incapaz de escapar das súas fixacións, creando personaxes cutres, baleiros, sórdidos e por momentos desagradables, tratando torpemente de introducir ideas e xuizos que me quedan ben lonxe, acerca dun mundo triste, enfermo, sucio… que non, definitivamente non é meu. Historias? No seu lugar, houbo, sobre todo, soberano aburrimento. O libro resultoume tan mortalmente aburrido que traballo me custou rematalo, confeso. A enciclopedia do béisbol ao completo seriame seguramente máis placenteira de ler.

    Ese final, tan vulgar e abrupto -que non critico por pesimista senón por apresurado e mal escrito- onde se producen feitos cruciais con demasiada rapidez como para que eu como lectora puidera absorbelos- enfadoume. Considereino impropio dun escritor de fama mundial como Auster, ata o punto que ganas me deron de rematar co libro no lixo. Porque se calquera escritor novel, ou de oficio, rematara así unha novela, lle choverían paus, o seu prestixio decaería, e non lle-la publicarían endexamáis dos endexamaises.

    So me queda comentarlle a Lorenzo que tamén atopei tremendamente irritante esa doble moral de Auster, que tenta redimir aos seus personaxes de maneira case cómica. Nada se xustifica nen se sostén, porque en Sunset Park non hai moral, nen dilema, nen crítica.

    Para os seus devotos.

    Antes de marchar, aquí deixo unha opinión positiva que lin da novela (dado que ninguén en falemos de lecturas defendeu unha boa crítica a esta novela, e as hai… e moitas!) que me deixou admirada, coa sensación de que non entendín nada, xa que non percibín nada desto en Sunset Park, de Paul Auster.

    Y faltaba más, la historia de América. ¿Cómo eludir la responsabilidad de viajar por la historia americana? La historia de sus gentes, de su democracia. Sus lugares y las psicologías a ellos apegadas. La guerra del Vietnam, las guerras mundiales en las que se vio embarcado Estados Unidos. La película Los mejores años de nuestra vida, de Wilder, campa a sus anchas por la novela. Aparece y reaparece: en forma de tesis doctoral, en comparativas continuas con la realidad, en forma de reflexiones de los personajes, en forma de crítica y teoría del cine. Así es como utiliza el narrador el personaje de Alice Bergstrom. Los mejores años de nuestra vida es un inciso en la apreciación del american way of life; acaso un homenaje a generaciones pasadas. Pero en el trasfondo está Irak, la intervención americana en el Oriente Medio; los dramas de la actualidad austeriana, que es el drama de América, con la sombra exorcizada de Bush y el republicanismo militante en el horizonte.

    Publicado por Quimera en:

    http://lasmilquimeras.blogspot.com/2011/03/sunset-park-de-paul-auster.html

    Afronto con ilusión a lectura de Ninguén.

    Moi feliz ano a todos!

  40. Anxo di:

    Ola, gustoume a portada do libro pero non a vexo relacionada co contido do libro, entre outras cousas o protagonista ou os dous protagonistas principais so home. Buscando sobre o fotógrafo que fixo a foto atopei na súa páxina web un apartado referido a portadas súas de libros, hai algunha que me gustou moito http://marcyankus.com/site/covers/
    Neste enlace podedes ver unha entrevista que lle fixeron a Auster e que publicou Abc http://www.abc.es/20101220/cultura/crisis-agudiza-diferencia-entre-20101220.html
    Nesta entrevista explica respecto á relación de Miles con Pilar Sanchez que a novelista e ensayista Susan Sontag casou aous 17 anos cun home de 38. O que non me cadra desa entrevista é que resaltan despois do títular da entrevista que o libro conta a historia de 3 xeracións avós, pais e netos, para min non conta a historia de 3 xeracións poido estar dacordo con que conta a relación dun fillo e do pai e que de refilón aparece o avó; esa idea lembroume un libro que me encantou, no que si se contaba a vida de varias xeracións dunha familia “Middlesex” de Eugenides, con este libro tamén me pasou unha cousa curiosa ao ler a sinopse del e o inicio do libro estiven a punto de non lelo, non me tiña boa pinta o tema, en cambio despois foi dos libros lidos nos últimos anos un dos que máis me gustou.
    Estou dacordo coa crítica de Laura respecto ao final do libro do comentario anterior a este.
    Neste enlace saen recopiladas moitísimas críticas de Sunset Park
    http://blogs.elcorreo.com/estoesbrooklyn/2010/10/29/guia-criticas-sunset-park-paul-auster/
    Saúdos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s