Arrugas


 

Arrugas é unha novela gráfica de Paco Roca publicada en novembro de 2007 e ganadora do Premio Nacional do Cómic de ese ano. A obra, protagonizada por un anciano con Alzheimer que é internado nunha residencia, vendeu 40.000 exemplares, e adaptouse ao cine a principios de este ano.

 

¿DE QUE VAI?
Descripción da editorial: “A familia de Emilio, un antiguo executivo bancario, intérnao nunha residencia de ancianos tras sufrir unha nova crise de Alzheimer. Alí, aprende a convivir cos seus novos compañeros, cada un co seu cadro “clínico” e un carácter ben distinto, mailos cuidadores que os atenden. Emilio entra nunha rutina diaria de cadencia morosa con horarios prefixados: a toma das menciñas, a sesta, as comidas, a ximnasia, a volta á cama…  e no seu pulso coa enfermidade para intentar mante-la memoria e evitar que o trasladen á última planta,  a dos impedidos, conta coa axuda de Ernesto, o seu compañeiro de habitación… Paco Roca aborda en Arrugas temas delicados,  ata o momento escasamente tratados en historieta, como son o Alzheimer e a demencia senil. E faino dun modo intimista y sensible, con algúns apuntes de humor pero sen caer en ningún momento na caricatura.”

 

NOUTROS IDIOMAS

Arrugas é un cómic producido orixinalmente para Francia, onde se publicou co título de Rides (Delcourt, marzo de 2007). Posteriormente publicouse en España, Italia (co título de Rughe; Tunué, 2008), Países Bajos (Rimpels; Silvester Strips, 2009) e incluso Xapón (2011,  nunha edición conxunta con El Faro).

En España, coincidindo co estreno da película Arrugas nos cines,  editouse tamén en catalán (Arruges, por Astiberri) e galego (por El Patito Editorial) convertíndose así nun dos poquísimos cómics que se levan publicado en España en tres das linguas oficiales do país.

BEST-SELLER

Arrugas é un deses raros casos nos que coinciden éxito de crítica e público, tendo recibido múltiples premios e unha gran acollida comercial. En Francia, a primera edición esgotouse aos pocos meses de sair á venta, pero en España o éxito aínda foi maior. Así, no noso país leva oito edicións, superando os 40.000 exemplares vendidos.

EN PALABRAS DO AUTOR 

“Temos moitos tópicos na cabeza ao falarmos da vellez e non quería caer neles. Así que, durante uns meses,  fun a varias residencias de maiores para ver cómo era a vida nelas. Falei con médicos e con enfermeiros, e a verdade é que, na maioría dos casos, é de admirar a súa paciente dedicación cara a xente maior. Tamén falei con moitos anciáns. Moitos deles falábanme da súa soidade. Prácticamente todo o que aparece en Arrugas son anécdotas reais, sacadas de todas estas conversacións. Nunha das residencias que visitei, presentáronme a unha muller maior pequeniña e encantadora, que iba en cadeira de rodas. Non facía ningún caso ao mundo exterior, tan só miraba sorrindo pola fiestra onde todos os días a colocaban os enfermeiros.

A señora pensaba que viaxaba nun tren infinito. (…) Ver estas cousas faite pensar se a fantasía non é senón unha vía de escape ante una realidade que xa non nos gusta e da que non temos escapatoria posible.” — Paco Roca, entrevistado por Borja Crespo.

ARRUGAS, A PELÍCULA 

A película está dirixida por Ignacio Ferreras e o propio Paco Roca participou na realización do guión cinematográfico (xunto co director, Ángel de la Cruz e Rosanna Cecchini) e encárgase dos diseños dos personajes. A longametraxe, que ten unha duración de 89 minutos,  proxectouse por primeira vez no Festival de Cine de San Sebastián en setembro do 2011, e foi nominada nos Premios Goya nas categorías de Mellor Película de Animación e Mellor Guión Adaptado.

 

O tráiler final pode verse en YouTube: http://www.youtube.com/watch?v=jsoTN3Mjo5Y


Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

20 Responses to Arrugas

  1. Mercedes di:

    Fai un ano lein engurras, emocionoume moito, como tratar un asunto tan triste, tan ben. Este ano, vin a película, que está moi ben, é un imprensionante traballo que ninguén debe perder, eu recomendo tanto o libro como a película. Encantoume

  2. Anxo di:

    Ola, gustoume a banda deseñada Arrugas conta e ilustra moi ben unha problemática na vida das pesoas ao facerse maiores, é un libro que se fai triste pois mostra unha triste realidade, que ten dificil solución, persoalmente resultoume unha presentación demasiado clásica e sinxela, pero entendo que é axeitada pensando en que está feito para chegar a un público amplo, incluso a persoas que non son lectoras de banda deseñada. Penso que describe bastante ben a realidade, que a preparación que fixo o autor antes de elaborar o libro visitando residencias resultou ben.
    Non cae nin no chiste facil nin na lágrima facil.
    Deixa en bastante mala posción ao fillo de Emilio ao metelo na residencia e desentenderse del, so apareceu no nadal.
    Miguel, o compañeiro de habitación de Emilio, ten moito protagonismo na historia, de entrada parece un aproveitado polo de roubar/coller cartos aos compañeiros de residencia, pero tal como o siguen describindo no libro collinlle “cariño”, polo feito de que cos cartos que collía os empregaba en axudar aos demáis, por exemplo na fuxida, e tamén en que era bo cos demáis (conseguía cousas que lle pedían como a chave inglesa, organizou a fuxida, visitaba a Emilio na planta de arriba, axudando a Emilio para que non o levaran para a planta de arriba,…). É o que millor está dos que viven na residencia e dicía que non estaba a gusto (dicía que na residencia non había nada que facer), pero por outro lado non entendo o motivo para estar na residencia, pois podería seguir vivindo na súa casa. Miguel chulease de que el non tiña os problemas dos demáis pois el está so, non tiña a nadie, nunca tivera a nadie; o de ter outras persoas (poden ser fillos, pais, muller, amigos,…) eu creo que é moi importante dan problemas, pero tamén satisfacións e sentido á vida. A mentalidade de Miguel é oposta á de Antonia.
    Gustoume:
    – O inicio, a primeira páxina, vai directa ao grao, non hai introducción.
    – As viñetas da páxina 57 e 58 visión de Emilio vendo as súas pernas e pes cando falaba co médico, menudo pao levou ao enterarse que tiña a mesma enfermidade que Modesto.
    – As páxinas 98 e 99 en branco, dubidei algo se estaría mal impreso o exemplar que estaba lendo.
    – O “debate” na páxina 24 entre Miguel e Antonia sobre se vale a penar vivir nesas condicións. Miguel: “No se para que tantas pastillas, tantas dietas y tantas prohibiciones”; Antonia: “ Pues, para vivir más tiempo”; Miguel: “Para malvivir más tiempo querrás decir”
    – Interrupción da historia da residencia (páxina 67) ao levarnos á infancia de Modesto explicando o significado da palabra tramposo.
    – A forma de expresar o paso do tempo e a rutina nas páxinas 46 e 47.
    – Gustoume a visión das escaleiras que levan á planta de arriba, á dos “asistidos”.
    Non me gustou o final, o de acabar cunha persoa que non tivo case protagonismo na historia, igua é que non entendín o final.
    Fíxome pensar na vellez da persoa que me antecedeu, cando lle preguntaba, que tal? Respondía “bien, con jota”, que quería dicir “bien jodido”, pero normalmente o dicía con algo de sonrrisa, gustáballe moito que se lle levaran cousas a arranxar, batidoras, radios,… dicía que quería cousas coas que entreterse para non pensar. E tamén me fixo pensar en como será a miña vellez,… se chego a ela.
    Saúdos

  3. A min gustoume o cómic, aínda non vin o filme. Que triste isto de nos facer vellos e sermos conscientes do noso propio declive! Un xeito entrañable de nos achegar o Alzheimer; pero ademais fala da soidade, da necesidade de amor, de servir aínda para algo. E todo isto é conseguido sen sensacións lacrimóxenas, posto que o humor é sabiamente conxugado. Gustoume o tratamento da imaxe, as faces que se desdebuxan para darnos conta da loita contra a desmemoria. Hai algunhas repeticións que quizais sobren, pero é un cómic moi bo que creo pode servir para introducir a moitos e moitas lectores e lectoras neste mundo que pretendemos teña a relevancia necesario: o cómic non é un tebeo infantil, é un libro, en maiúsculas.

  4. sentenced wheels di:

    estou á espera de conseguir o libro. se non o teño entre hoxe e mañá, atallo vendo a peli. din que é moi similar ao libro. recoñezo que ler algo sobre alzheimer pode resultar algo duro pero precisamente aí está a mestría dun escritor (e debuxante) para poñernos na pel dun doente. agardo moito deste libro. espero que estea á altura.

  5. moncaqui di:

    Hai máis dun ano que lin o comic, pero aínda non tiven ocasión de ver a peli.
    Presenta moi ben a vida na residencia, e o declive que van tendo os residentes co paso do tempo.
    A escea que me quedou máis prendida na retina é a da desmemoria: cando indo en tren lle van saíndo as fotos pola cabeza.
    É moi realista na descrición dos fallos da memoria dunha persoa con Alzheimer.

  6. Laura di:

    Ola! Aínda non conseguín este libro, porque ao ser novidade está completamente copado o seu préstamo ata mediados de abril. Sí conseguín a película, que verei pronto e comentarei en breve.

  7. sentenced wheels di:

    noraboa Anxo, gustei moito dos teus comentarios. coincido coa maioría deles, especialmente co que fas relativo ao final. a min tamén se me escapou o porque do protagonismo de Martín e a señora Rosario. Volvín a follear o final e decateime de que o final non é para eles senón para unha páxina en branco, algo común a todos os personaxes do segundo andar.

    paréceme desgarrador a maneira en que a Emilio se lle desfigura a imaxe de Miguel, o seu compañeiro de habitación que o putea vilmente e logo pasa a axudalo en todo.

    Ese é o grande enigma do libro: o personaxe de Miguel: absurdo pero lúcido, ruín pero humano. Na páxina 72 Miguel pregunta: “¿Hoy no cenan con nosotros Dolores y Modesto?” Antonia contéstalle: “Modesto estaba peor y Dolores ya no podía ocuparse de él?”, Miguel moi intelixentemente lle retruca: “¿Y Dolores se ha ido con él al piso de los asistidos? Eso es como suicidarse, dos semanas ahí arriba y acabará tan loca como los demás… ¿Cómo se le ocurre…? ” Antonia replícalle: “Tú no lo entenderías porque nunca has querido a nadie” Miguel pecha os puños e morde a lingua e cambia de tema: “Esto es una mierda de comida”.

    Que esconde Miguel???

    O libro é unha cucada. Abusa un pouco do tópico de vexectorios que vexectan. Non coñezo ese mundo das residencias de anciáns, polo que tampouco podo dicir que non sexa así. Pero se realmente é así, paréceme atroz.

    Nunca aparece un espazo aberto (excepto a absurda escapada nun descapotable, que dá moito o cante). Todo resulta gris e mortecino. Ás veces mesmo surrealista: cando Ramón mata a Félix cunha chave inglesa. Non nego que iso exista nin que teña unha base verídica, pero no libro pasa totalmente desapercibido unha cuestión así. Cun simple comentario dicindo que sufría depresión zánxase o asunto. Iso si, Miguel aprovieta para meter a pulla: “Ves como es mejor no cogerle cariño a nadie” e anticipa o final: “Nunca he tenido ni siquiera un perro” (páx. 85)

    Nestes intres estou lendo outro libro de banda deseñanda: “Watchmen”. Din que é un dos cumes da banda deseñada. O libro vai sobre unha panda de homes e mulleres que se disfrazan de superheroes que pretenden manter a seguridade nas rúas. A pesar de que non é un cómic estilo supermán onde o protagonista salva a humanidade, non me vai moito a lectura dun grupo de xente que leva o calzoncillo por riba do pantalón ou dun tipo que por erro se meteu nunha centrifugadora atómica e saiu azul e por riba con con superpoderes. Nada do estilo de Arrugas. Grazas a ler Watchmen ao mesmo tempo que Arrugas apreciei moito máis o libro destes vellos pícaros, tenros, solidarios e olvidados.

    • Anxo di:

      Sentenced wheels, eu tamén estou de acordo co que dis, e tes razón co de Miguel, colle moito protagonismo no libro, case podería dicirse que se convirte en persoaxe principal, excepto no que dis do final, hai 2 páxinas en branco pero o final, a última páxina, é para o velliño do can Milú, creo que se chama Martín pero non estou seguro do nome e non teño aqui o libro.
      Saúdos

  8. sentenced wheels di:

    ola anxo, eu pensaba coma ti, que o remate do libro era para martin e o seu can milú, pero faime dubidar que o libro remate nunha páxina en branco (101) cando xusto as dúas páxinas anteriores (98-99) están en branco, algo que xa comeza na páxina 96.

    pode ser porque o libro remata na páxina ne páxina par (100) e a impar (101) é imprescindible aínda que xa non forma parte do libro.

    se a cousa é como dis ti (que o libro remata na páxina 100), entón non entendo o final, e iso me jode moito. Se a cousa é como digo eu (que remata na páxina 101), logo cabe outra interpretación, máis xenérica. sería bo buscar o blog do autor e preguntalo.

    teño a peli pero non a vin enteira. intentareino esta noite ou mañá.

    non comentei nada do debuxo nin da cor porque non son lector de cómics e non teño maneira de comparalo con algo coñecido, pero gustoume moito a maneira en que os personaxes están debuxados aínda que sempre están contorneados dunha sombra un tanto funesta que lle percorre a metade do rostro, como unha espada de damocles. iso non me gustou; parecen condenados de antemán a seren vítimas do seu destino.

    • Anxo di:

      Ola de novo sentenced, eu creo que se o final do libro é a páxina 101 lle deberían poñer páxina 101, é dicir, poñerlle os números a esa páxina en branco como fixeron coas páxinas 98 e 99, entón sigo pensando que o final sigue sendo o de Martín con Milú; pero bueno o importante é que os bos libros son os que continuan na mente do lector despois de finalizar a súa lectura.
      Saúdos

  9. Paco Roca di:

    Hola a todos.
    Estoy encantado de que me hayáis invitado a este foro a hablar de Arrugas.
    Hice Arrugas con pocas esperanzas de que fuese un bestseller, pero necesitaba halar de un tema que me preocupaba que era la vejez, en particular la de mis padres.
    Es imposible contar en una sola historia todo lo que es la vejez, así que me centré en el tema de la vejez en las residencias de ancianos.
    Luego llegó el hablar del alzheimer porque el padre de un buen amigo padecía esta enfermedad.
    El personaje de Miguel, que nació en el guión como secundario que ayudaría a comprender cómo funciona una residencia, acabó convirtiéndose en el protagonista de la historia. Por ese motivo habla finalmente, más que del alzheimer o de las residencias, Arrugas trata sobre la soledad de las personas mayores.
    En cuanto a esas dos hojas en blanco, simbolizan el final de Emilio. En las últimas páginas vamos viendo cómo cada vez hay más huecos en blanco, una forma de mostrar los efectos de la enfermedad.
    En cuanto a Martín, quizá no queda muy clara su historia con los perros y el regalo de Miguel, esa correa extensible. Esa escena final, además de intentar hacernos acabar con una sonrisa, simboliza que la vejez siempre existira. Acabada la historia de Emilio y Miguel, seguiríamos entonces la de Martín.

    • Anxo di:

      Gracias Paco por animarte a comentar en este blog y por aclararnos dudas respecto al final. Con esa explicación del final le veo más sentido, pero sino lo explicas yo no lo pillaba.
      Saludos

  10. sentenced wheels di:

    acabo de recibir un email de paco roca dicindo que vai comentar algo no blog. espero que así o faga

  11. Anxo di:

    Mercedes, Gracia, Sentenced, Moncaqui e Laura, cales foron as bandas deseñadas que máis bos gustaron do que lichedes nos últimos anos ou meses?. Do que lin eu resaltaría El arte de volar, Tres sombras, ¡Puta guerra!, Píldoras azules, Rosalie Blum e Soy mi sueño.
    Saúdos

  12. Muchísimas gracias a Paco Roca por participar en este foro, por solucionar problemas y aclarar dudas. Vi la película hace dos días y he quedado impresionada. Si el cómic me había gustado, la adaptación no lo desmerece en absoluto. Debe ser la primera vez que podemos decir algo semejante! Es realmente buena. Buenísima.

  13. Laura di:

    Gracias, Paco, por tus comentarios en el blog. Me han aclarado algunas cosas.

    Coincido con Gracia en que la adaptación es muy buena. Agradecí muchísimo que en medio de toda la locura tecnológica de Pixar y la moda de efectos 3D, se haga una película con recursos modestos como “arrugas”, pero tan bien articulada que nos llega a todos, y tratando un tema de interés social con una profundidad y una ternura sin par.
    Me he emocionado unas cuantas veces con la película, sin necesidad de una banda sonora soberbia y desde la escena inicial, poderosísima. Los dibujos son rudimentarios, pero muy expresivos. El guión es excelente.

    Me quedo con la escena de la piscina. Con esos dos hombres flotando en la piscina, relajados y viendo pasar el tiempo. Y con el amor de quien da a otro de comer . Y con el autoengaño como mecanismo para no aceptar que hemos perdido a nuestros seres queridos.

  14. Sonia di:

    Ando sempre un pouco a destempo, pero vexo que coincidimos en intereses. Veño de ler Enrugas hai un par de semanas. Difícil non sentirse emocionado cunha obra que toca tan preto… Xa tivera esta sensación cunha obra da mesma temática que lin hai un par de meses: “A máquina de fazer espanhóis” de Valter Hugo Mãe, obra e autor que vos recomendo encarecidamente. A combinación de humor, tristeza e reflexión son elementos temáticos que se repiten nas dúas obras. En “Enrrugas” apúntanse. Na obra portuguesa, desenvólvense con mestría no marco dunha realidade histórica: as pegadas a ferro da ditadura salazarista nos individuos, no proceso de transición á democracia, no seu desenvolvemento e na tan “desexada” europeización . Os protagonistas, puideran ser os ilustrados por Paco Roca: homes e mulleres aos que a vida vivida aporta lucidez para xulgar e valorar, mais esa claridade desdibúxase tras a conciencia da morte e a demencia que os vai infartando día a día. Causa desacougo velos perder as lembranzas e os afectos nese tren da vida cara á derradeira estación.

    • Anxo di:

      Ola Sonia, o ideal é ir comentando o libro xuntos, pero as entradas están sempre abertas a aportacións interesantes. Non escoitara falar do libro que mencionas, tentarei lelo.
      Saúdos
      Anxo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s