Lois e Helena buscándose un día de tormenta


Estaremos comentando este libro do 1 ao 25 de marzo. Do 1 ao 12 comentaremos a 1ª parte, Lois, e do 13 ao 25 a parte de Helena, o final e o libro no seu conxunto.

Esta obra que recibiu o premio García Barros e foi editada por Galaxia, retrata o gran baleiro social e persoal no que viven algunas parellas de clase media, así como a incomprensión do mundo que as rodea.

Manuel Veiga resume así o seu libro “transcorre nun día nunha cidade que é un trasunto de Vigo. Lois e Helena son un matrimonio de mediana idade, cun certo nivel de vida pero que sinten un baleiro. El esperta e ve que ela marchou coas súas cousas. Búscaa e pensa no que a puido levar a marchar. A segunda parte é a viaxe a través da cidade dende o punto de vista dela. Ocórrelle a moitas parellas, que levan máis de 20 anos e un día rompen sen saber saber por qué. A miúdo non entendemos ben as relacións nas que estamos inmersos.. O terceiro personaxe é Vigo, que ten vida propia. En canto ao meu xeito de escribir, trato de facelo de maneira moi concisa. Cunha metáfora, busco que teña o maior número de proteínas e o menor de graxa”.

O escritor Francisco Castro comentou “Un libro moi ben escrito, cun narrador distante, irónico, intelixente, que nos vai levando pola man nunha historia, en apariencia sinxela ( unha muller que abandona ao seu esposo ) por unha cidade – Oliveira – e, sobre todo, por dous corazóns, o de Lois e o de Helena, sen soltarnos en instante ningún. Lese sen respirar. Gozando de cada parágrafo e da profunda ollada narradora de Manuel Veiga.”

Léde o libro e comentade, gustaravos

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Lois e Helena buscándose ..., Sobre as lecturas. Ligazón permanente.

6 Responses to Lois e Helena buscándose un día de tormenta

  1. sentenced wheels di:

    teño curiosidade por saber quen e por que se elixiu este libro. Coñecíao por referencias pero nunca me animara a o ler.

    levo lido a metade da primeira parte, e, sinto dicilo, pero ás veces os premios se degradan a si mesmos. será por iso polo que nunca me importaron os premios literarios? En fin, que a lectura que levo feito ata agora a califico cando menos de desastrosa.

    • Anxo di:

      Para o meu entender o blogue non está funcionando ben, principalmente por non ter un grupo de arredor de 10 persoas que vaian lendo os libros propostos e comentando.
      Un dos problemas co que me atopo á hora de poñer o meu grao de area na marcha deste blogue e me imaxino que tamén lle pasará aos outros compañeiros que levan o blogue é buscar libros en galego que non foran lidos polos posibles participantes no blogue e que sexan axeitados para comentar nun club de lectura.
      Respecto a túa curiosidade por saber quen propuxo o libro a miña resposta é “Falemos de lecturas”, aínda que haxa propostas individuais o grupo que promovemos este blogue asumimos os libros que vamos a comentar.
      Son consciente de que as propostas de libros a ler non agradarán a todas os posibles participantes deste blogue, haberá propostas que gusten a uns e haberá propostas que gusten a outros e de xeito excepcional haberá algún libro que haxa unanimidade na elección.
      Saúdos

  2. Anxo di:

    Ola, vou lendo nos primeiros capítulos de Lois, chamáronme a atención estas cousas:

    -Non entendo que se empece no apartado de Lois falando de Oliveira no 1º capítulo, así como hai a parte de Lois, a de Helena, e o final (último capítulo) parécem máis lóxico que houbera un apartado adicado a Oliveira ao inicio do texto, non metido dentro do de Lois.

    -Resultoume curioso o de ter 2 rios (capítulo 2) pero que casi ninguen sabe e das 50 fontes existentes so 2 seguen brotando.

    -Extrañoume que se refira moitas veces a Lois polo apelido (Depau), en cambio Helena polo que vin ata agora si que non se refire a ela polo apelido, so nun momento di nome e apelidos dela. Esto me levou a preguntarme senón sería máis lóxico que o libro se titulara “Depau e Helena buscándose…” e en vez de ter unha parte adicada a Lois poñerlle Depau.

    -Ao ler na páxina 18 “Depau era decorador” me fixo dubidar se ese “era” quería dicir que no pasado foi decorador, pero ao ir lendo vin que ese seguía sendo o seu traballo na actualidade, tamén con Helena se usou ese tempo verbal para referirse á súa profesión (páxina 20).

    -Menuda incomunicación na parella! (páx. 19) Helena gardaba forte rancor a Depau por levar durante anos dispositivo para non ter fillos, Depau ignoraba ese rancor.

    -Pódese intuir quen mandaba na parella, Depau non quería ter fillos e non os tiveron, Helena gustaba dos animais, aínda que Depau non quería ter ningún, e polo que levo lido non tiñan animais.

    -Falta de sintonía na parella (pax. 22), Depau primeiro dexeso sexual, logo amor, despois compaixón e desde xa necesidade; Helena en cambio primeiro amor, logo necesidade e agora desexo sexual pero doutros homes. E Depau non sabía que os sentimentos de Helena foran así (máis incomunicación).

    -Non entendo a que ven na páxina 23 falando co pai por teléfono estas frases mal escritas “como estad?””non te preocup”.

    -Curioso o de ser Depau dunha familia desmemoriada, en contraste cos campesiños (pax. 24).

    Saúdos

  3. Anxo di:

    Estará baseado nun feito real o episodio da fuga da llama coa condena a morte de Subiela ou Silvela?. Non me pareceu moi lóxico poñer en Subiela ou Silvela, penso que o escritor debeu coller un so deses nomes.
    Interesante a idea de facer unha novela que transcurra so nun día.
    Pareceume curiosa a maneira de separarse a parella. Ela desaparece, non se fala, non se discute, da pe a que Lois lle de voltas ao que puido pasar para que Helena fixera iso. Chamoume a atención ás 3 causas que menciona Lois (páxina 65) de separación dunha parella: por certos erros, por simplemente esgotarse, ou nas que unha das partes o deixa por un soño (Lois di que estas ultimas son as menos frecuentes). O de deixarse por irse con outro ou outra polo medio non teño en que categoría o metería Lois ou é que non contempla esa posibilidade. A día de hoxe, so lin a parte de Lois non teño claro cal é a causa de que Helena se fora, vexo que é unha parella á que non lle van moi ben as cousas, moita incomunicación, … ; por parte de Lois parece que o amor deixou de existir, en cambio ao marchar Helena sinte algo por ela, pero non teño claro o que sinte, será falta dunha rutina, necesidade, amor,…?
    Gustoume a descrición do restaurante, arredor da páxina 64, pero creo que se crea algo de confusión co de se é ese día ou se esa situación se repite habitualmente.
    Despois de ler o día de Lois, teño ganas de saber como son, como se viron as cousas dende o lado de Helena.

  4. sentenced wheels di:

    motivos para abandonar a lectura deste libro: disperso, incongruente, incoherente, digresivo, indefinido, despersonalizado, desigual, intrascendente, deslucido, aburrido, cansino, confuso, soso, inconexo, e así non sei cantas cousas máis.

    desta vez, coincido en moitas das críticas de anxo.

    o problema deste libro é que está a medio camiño entre a novela e a crónica e para facer algo así hai que ser moi bo narrador senón sae un churro. se ademais pretendes crear suspense e non só non o consigues, senón que aburres, é que te consagras como escritor!!

  5. Anxo di:

    A parte de Helena gustoume máis que a parte de Lois, centrouse máis na parte fundamental do libro, a relación de Lois e Helena, deixou de lado a parte de crónica da cidade.
    Chamoume a atención que aparecera e collera bastante importancia un personaxe que na parte de Lois case non saíra (creo que so se mencionou de refilón), Voltaire. Polo lido no libro entendo que Helena non superou a morte do seu noivo, Voltaire. A relación de parella que estableceu con Lois a comparaba con frecuencia coa que tiña con Voltaire e comparando Voltaire con Lois sempre saia ganando Voltaire. Pareceume significativa a frase que aparece na páxina 106 “Voltaire volvíalle ás veces como un ideal xuvenil ao que de adulto costa traballo renunciar”.
    Mentres lía a parte de Lois non lle vía moito sentido ao título do libro, pois pensaba que como Helena se foi non andaría buscando a Lois, pero ao ler a parte de Helena vin que tiña sentido o título, pois Helena tamén estaba buscando a Lois, buscaban cousas distintas Lois buscaba a Helena para volver á relación de parella e Helena buscaba a Lois para despedirse (entendo eu).
    O asunto das gaivotas non me parece moi real para Vigo no sentido de que ataquen a algunha persoa ou collan comida nas terrazas con xente, iso si que se da na realidade, pero nas Cies, alí hai que ter moito coidado coa comida incluso estando cerca dela ou se a tes metida en bolsas e hai uns anos vivín persoalmente un ataque dunha gaivota, iba dando un paseo polo camiño que vai ao faro principal da illa e zas! recibín un picotazo na cabeza dunha gaivota e despois aínda se me quedou mirando por se tiña que atacar máis, pareceume incrible, pero parece ser que ocorre para defender ás súas crías.
    Gustoume a cita final do libro de Felipe Juaristi, e vexo que queda moi ben con este libro:
    Se lle queres partir a alguén o corazón
    é inútil que busques as frechas…
    Déixao, señor, na esquina
    dunha rúa transitada na cidade,
    na encrucillada dos ventos e das tormentas…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s