Cándido Pazó



 É un dos autores mais prolíficos do panorama teatral galego. Nas súas composicións mestúranse diversos elementos e dramaturxias teatrais harmonizados en moitos casos baixo unha ironía cruel e un humor fino e sutil. Como diría Rosa Díez, “gallego, en sentido peyorativo”.

Cándido Pazó naceu en 1960 na parroquia de S. Paio de Navia, Vigo.

Querer trazar a súa traxectoria é traballo baladí. Un esforzo por concretizar todo o que leva feito consumiría moito tempo. Así que, segundo a biblia do s. XXI, a Wikipedia, Cándido Pazó é autor, director de escena, narrador oral e actor.

Como actor, debuta en 1975 e forma parte do elenco do grupo vigués A Farándula. Neste tempo participa nas primeiras convocatorias da Mostra de Ribadavia. En 1983 o seu grupo se disolve.

Despois de varios traballos como actor en diversas compañía, crea en 1989 Tranvía Teatro, onde se inicia como autor e director de escena coa peza O merlo Branco, Premio Xeración Nós, de teatro infantil.

 En 1993 xorde un novo grupo, Ollomoltranvía, como fusión dos dous grupos vigueses. Con esta compañía obtén un dos éxitos máis celebrados na súa carreira Commedia, un xoguete para Goldoni, que obtén os premios Compostela 93 ao Mellor Espectáculo e Mellor Dirección, Premi de la Crítica del País Valenciá ao Mellor Espectáculo do 94 e Premio da A.I.T.A. (Asociación Independiente de Teatro de Alacant) ao Mellor Espectáculo de l.995.

 Autodidacta pero tamén estudante na escola de Philippe Gaulier, en París, onde lle aprendeu o gusto á commedia dell’arte. Logo traballou ben como autor ben como actor en diversas compañía como Teatro do Malbarate, Teatro do Xalgarete, Títeres Tanxarina, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Talía Teatro, CDG ou Teatro de Adro.

Formou parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Marathon Europea de Creación Teatral, proxecto de escritura dramática dentro de actividades da Capitalidade Europea de Bruxelas 2000.

Está presente, con relatorios e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego coma o TEATRAgal ou a Comisión Técnica de Teatro da Ponencia de Teatro e Música do Consello da Cultura Galega.

Como contador de historias e monologuista as súas actuación son recoñecidas non só en todo o país dos ananos senón tamén españa, portugal e américa latina así como en europa.

 É, ademais, guionista para televisión (A familia PitaPratos CombinadosMareas vivas, Avenida de AméricaFíosTerras de MirandaAs leis de Celavella o Libro de familia) e ten traballado como actor en series de televisión e no cinema (GallegoDivinas palabrasEl lápiz del carpinteroHeroína, etc).

Actualmente conta con varias obras en cartel, destacando especialmente os seus traballos sobre Memoria das MEMORIAS DUN NENO LABREGO e as Cunqueiradas.

 Ao ser Cándido Pazó autor, escritor, tradutor, adaptador, etc etc etc, sería moi aburrido poñer case todo o que leva feito nestes 42 anos de traballo. Ímonos limitar a sinalar soamente o que ten publicado como autor.

Arroutadas (1983). Estreada en Vigo en 1984 pola compañía A Farandula.

O melro branco (1989). Estreada en Vigo en 1989 pola compañía Tranvía Teatro, dirixida por el. Publicada na Editorial Bruño en 1991.

Raíñas de pedra (1991). Estreada en Santiago en 1994 pola compañía Ollomoltranvía. Publicada en Edicións Xerais de Galicia en 1994.

A mostra (1991). Estreada en Vigo en 1991 pola compañía Tranvía Teatro, dirixida por el.

Xogos á hora da sesta (1992). De Roma Mahieu. Estreada en Ourense coa compañía Malbarate.

Commedia, un xoguete para Goldoni (1993). Traballo de escritura e dramaturxia a partir dun canovaccio, a tradición da commedia e improvisacións nos ensaios. Estreada en Ribadavia por Ollomoltranvía en 1993, dirixida por el. Publicada en Edicións Xerais de Galicia en 1994.

Monstros de risa (1994). Texto para títeres e marionetas. Estreado en Redondela en 1994 pola comapañía Tanxarina, dirixida por el.

O rei nu (1995). En colaboración con Quico Cadaval. Estreada en Redondela en 1995 pola compañía Ollomoltranvía, dirixida por el. Publicado por Edicións Talía en 1995.

O bululú do linier (1998). Estreada en Santiago de Compostela en 1999 pola compañía Adro, dirixida por el. Publicada en castelán e como peza breve no volume colectivo Al borde del área da colección “Teatro Español Contemporáneo” da Deputación Provincial de Alacant. Premio María Casares 2.000 ao Mellor Texto Orixinal.

Niki-ñaque (2000). Estreada en Santiago de Compostela coa compañía Ollomoltranvía, dirixida por el. Recibiu en 2002 o premio ao Mellor Texto Orixinal en galego non Premios Max.

Binomio de Newton (2OO2). Estreada en Santiago de Compostela coa compañía Teatro de Adro, dirixida por el. Premio María Casares ó mellor actor protagonista no 2003, a Xosé Manuel Oliveira “Pico”. Publicada en 2006 por Baía Edicións. ). Nominado para os Premios Max como Mellor Texto Orixinal en Galego, 2003.

Xustiza infinita (2002). Estreada en Boiro coa compañía Talía Teatro, dirixida por el.

Bicos con lingua (autoría compartida, producido pola compañía Talía Teatro), Premio María Casares 2.004 ao Mellor Texto Orixinal.

A piragua (2007). Estreada en Santiago de Compostela co CDG, dirixida por el. Publicada en 2009 en Laiovento. Premio María Casares 2.008 ao Mellor Texto Orixinal.

García (2007). Representada por Teatro do Adro, dirixida por el. Premio María Casares 2.005 ao Mellor Texto Orixinal.

Emigrados (autoría compartida, producido pola compañía Teatro de Ningures), Premio Max 2.008 ao Mellor Texto Orixinal en Galego.

E ti quen vés sendo? (producido por Talía Teatro). Nominado aos Premios María Casares 2.009 como Mellor Texto Orixinal e aos Premios Max 2009 como Mellor Texto Orixinal en Galego.

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s