Philippe Claudel


Philippe Claudel, naceu en Dombasle-sur-Meuthe (Francia) no ano 1962, dou clases no ensino secundario, na Universidade (antropoloxía cultural e literatura) e a nenos discapacitados e no cárcere, é autor das novelas:

Meuse l’oubli, Paris, Balland, (1999)

Quelques-uns des cent regrets, Paris, Balland, (1999)

Le Café de l’Excelsior, Nancy, La Dragonne, (1999)

J’abandonne, Paris, Balland, (2000)

Barrio Flores: petite chronique des oubliés, Nancy, La Dragonne, (2000)

Le Bruit des trousseaux, éditions Stock (2002)

Les Âmes grises, Paris, Stock, (2003)

La Petite Fille de Monsieur Linh, Paris, Stock, (2005)

Le Rapport de Brodeck, Paris, Stock, (2007)

L’Enquête, Paris, Stock, (2010)

En galego está editado A neta do Señor Linh en Rinoceronte editora e en castelán están editados:
Almas grises (2005), La nieta del señor Linh (2006) e El informe de Brodeck (2008) en Ediciones Salamandra.

Tamén é guionista e director de cine, dirixiu as películas:

  Il y a longtemps que je t’aime (Hai moito que te quero) (2008).

Tous les soleils (Silencio de amor,2011).

Nestes enlaces podemos oir parte da banda sonora das súas películas:

http://www.allobo.com/bo-tous-les-soleils-1360.html

http://www.allobo.com/bo-il-y-a-longtemps-que-je-t-aime-2012.html

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Febreiro 2012 Neta señor Linh, Sobre os autores. Ligazón permanente.

4 Responses to Philippe Claudel

  1. Eu faría unha excursión a Francia só por coñecelo. É o home con máis sensibilidade do mundo mundial!!! Encantáronme os tres libros que lin en castelán (a tradución ao galego é posterior) e as súas dúas películas. Creo que o meu nivel de francés impediríame gozar dos seus outros libros, pero como non os traduzan terei que intentalo… Todo o que toca o converte en pureza. Recoméndovolo TODOOOO

    • Anxo di:

      Pois eu non lera nada de Claudel, pero despois deste inicio seguirei lendo cousas del.
      Teremos que ir pensando nunha excusión do club, para ver se así aumenta o número de comentaristas 😉
      Saúdos

  2. Sonia di:

    Lin só “A neta do señor Linh”. Tenra, fermosa. Pero o mellor foi descubrir ao autor. Despois da lectura vin “Il y a longtemps que je t’aime”. Impactoume por inesperada. O punto de vista, a interpretación da protagonista, os espazos, os tempos, as relacións entre os personaxes… e o feito da certeza de que eu, como nai, posiblemente actuaría como a protagonista. Mais logo está o regreso á sociedade, á familia. A forza da relación entre as irmás. O cuestionamento social.

    E… xa dixen: o mellor o autor. A entrevista que vén nos extras da peli non ten desperdicio.
    Algo máis. A música.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s