Os libros de Fran Alonso


Lestes máis libros de Fran Alonso? Coñecédelo máis como poeta ou como narrador? Cal foi o título que máis vos gustou del? Agardamos as vosas opinións antes de “entrar en materia”

Narrativa
Voces da Groba, voces de Berlín (2010)
Males de cabeza (2001)
Silencio (1995)
Cemiterio de elefantes (1994)
A lúa no probador / Relatos e poemas de 1986 a 1990 (1992)
Tráiler (1991)

Literatura infantil e xuvenil
O meu gato é un poeta (2011)
Folerpas de Novoneyra (2010)
A vida secreta de María Mariño (2007)
Cartas de amor (2006)
Poetízate (2006)
O brillo dos elefantes (1999)
Cidades (1996)

Álbum ilustrado
A casa da duna (2002)
A araña e mais eu (2009)

Poesía
Transición (2011)
Balada solitaria (2004)
Subversións (2001)
Tortillas para os obreiros (1996)
Persianas, pedramol e outros nervios (1992)

Xornalismo
Contesta ou disparo (2011)
Un país a medio facer (2008)
A voz que vén da seitura (libro-CD-DVD, 2007)
Territorio ocupado (1998)

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Estas entrada foi publicada en Sobre os autores, Xaneiro-Ninguén coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

4 Responses to Os libros de Fran Alonso

  1. Laura di:

    Ola! A Fran Alonso só o coñezo pola obra “Males de Cabeza”, e non sabía sequera que tiña unha obra tan ampla como poeta. Vou tentar afondar este mes moito máis sobre este escritor, tentarei facerme con algo da súa poesía. Así a priori, o que máis me gusta del é que me parece un tipo moi cercano, con moita sensibilidade e perspectiva social, e que non ten unha narrativa pretenciosa senón moi humana e sensata. Para mín, ler a alguén así sempre conleva un placer engadido, digamos que lle da moitos puntos de partida. De “Males de Cabeza”, por exemplo, interesoume moitísimo a temática que tratou, e me pareceu no seu momento un gran libro e todo un descubrimento. E polo pouco que levo lido de “Ninguén” creo que tamén me vai interesar o tema do que trata. Por actual, e porque realmente é algo inquedante nos tempos nos que vivimos.

  2. Anxo di:

    Ola, teño escoitado falar bastante de Fran Alonso, principalmente na súa faceta de escritor de literatura infantil e xuvenil, pero antes de “Ninguen” so lin del “Males de cabeza” e me resultou interesante.
    A estructuración de “Males de cabeza” e “Ninguen” parecen similares, os dous teñen relatos breves intercalados cunha pequena narración fragmentada “A tolemia é un sombreiro” en Males de cabeza e “hoax” en “Ninguen”.
    O que non me gustara nada fora a portada de Males de cabeza, podería poñerlle o calificativo de peor portada dun libro; en cambio a portada de “Ninguen” de entrada gústame, non sei en relación ao libro pois aínda estou no inicio, sempre me pareceron suxerentes ese tipo de tubos (non coincido con Laura que xa comentou noutro sitio deste blogue que non lle gustou).
    Saúdos

  3. lourenço di:

    a fran alonso eu coñecino na universidade. é dunha xeracion maior ca min e na facultade xa era o escritor máis prometedor chegando a gañar pequenos premios de relatos. A min sempre me gustou moito o relato, xénero que considero o máis difícil pola sua precisión e fondura psicolóxica. para que un relato funcione é importante que sexa sincrético; en caso contrario sería un ripio, é dicir, un croio. Coincido con Laura en que unha portada tan futurista (a min lémbrame os tonechos en plan farenheit 451) é horrorosa. terei que progresar na lectura para ver se lle fai méritos ou non. polo demais, penso estruturar os meus comentarios individualizando cada relato, deixando os hoaxes (manda truco, que oxidado estou, que xa non lembraba que era un hoax) para comentalos todos xuntos. tamen, co permiso de todos vós, mandareille un convite a fran alonso para que comente algo no blog, ou polo menos nos siga.

  4. Laura di:

    A portada futurista, dis?
    Non me parece. En todo o caso paréceme unha estética feísima, se é futurista, é dun futurismo dos anos 60. Ese casco, qué pinta a rapaza con casco? E a referencia a facebook? e peor aínda, esa cadeniña que leva a rapaza na cadeira… a min non me parece que ese atuendo sexa moi deste século…

    En fin.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s