Empezando con “Ninguén”


Para que todas e todos teñades tempo para ler o libro sen apuros, deleitándose na lectura e sen agobios, propoñémosvos un novo xeito de achegarnos a este espazo virtual común de compartirmos lecturas: imos dividir o libro de xeito que cada semana chegaremos ata un número determinado de páxinas. Se alguén quere ler máis, por suposto, pode facelo, baixo a condición de non comentalo para non estragar a lectura dos outros. A proposta é moi accesible e estamos seguros de que ninguén vai asegurar que non tivo tempo para ler. Que vos parece?

Emprazámosvos para este sábado día 7 de xaneiro: este día comezaremos a falar das primeiras 60 páxinas do libro, ata o capítulo chamado “Comunidade literaria”. Por suposto, insistimos, se alguén quere seguir coa lectura que o faga, pero os comentarios cinguiranse a estas páxinas.

De todos os xeitos, estamos abertos ás vosas suxestións. Se credes que este xeito de levar o club de lectura non é o apropiado podemos cambialo inmediatamente. Vós sodes @s que mandades.

Se alguén precisa “facer boca” deixámosvos unhas cantas ligazóns de críticas sobre o libro:

En Novenoites.

En Criticalia.

En Galicia confidencial.

En Caderno da crítica.

En Trafegando ronseis.

Por suposto, no blogue da editorial Xerais hai asemade diferentes entrevistas e outras opinións verquidas arredor do noso libro de lectura. Alí podedes atopar toda a información.

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Estas entrada foi publicada en Sobre as lecturas, Xaneiro-Ninguén coas etiquetas . Ligazón permanente.

3 Responses to Empezando con “Ninguén”

  1. Pingback: Falemos de lectura propón unha lectura fragmentada de «Ninguén», de Fran Alonso | Xerais

  2. xabicuco di:

    Pois a min, ese recurso dos HOAX paréceme que non aporta nada ao conxunto dos relatos. Vamos, que non “pegan”.
    Se é unha colección de contos ou relatos breves, pois xa está: é iso. E os Hoax non enlazan nin unen nada.
    Pero xa digo, é a miña impresión.

    • Ola Xabiuco. Como só lin o acordado, as 60 páxinas, aínda non estou en condicións de dar unha opinión firme. De momento, dáme a impresión de que o autor os pon como unha parte dun todo no que se refire ás novas teconoloxías. Pero xa veremos a medida que avancemos na lectura.
      Tamén é a miña impresión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s