Cal é o teu libro do 2011?


Remata o ano, lectores!

Que tal se nos contades cal foi a vosa lectura do 2011? Cal foi ese libro que vos impactou, que vos sorprendeu, que máis gozachedes?

Algunha novela remarcable neste ano? Ese libro que por fin fuches capaz de rematar? Algún escritor que non coñecías ata agora e te gustou coñecer?

Cóntanos que foi o mellor deste teu ano lector.

E por suposto…

Que teñades un feliz e moi lector 2012!

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Cousas que nos gustan, Sobre as lecturas. Ligazón permanente.

7 Responses to Cal é o teu libro do 2011?

  1. lourenço di:

    é curioso que a pesar de ter lido un monte de libros este ano, non acabe por callar ningún na miña memoria. do que máis estou a discutir estes dias é o de javier Marías, Los enamoramientos. estou farto de oír que é un gran libro simplemete porque o seu autor sexa unha vaca sagrada das letras españolas. concordo en que o libro en sí mesmo é unha enciclopedia sobre a arte de saber escribir. pero iso non abonda. polo menos para min. a lectura faise máis pesada que un saco de cemento ao lombo. é deses libros academicamente tan abundantes, no que prima é a dominio dictatorial do escritor sobre o lector que o pracer da lectura. decataste de que quen che está a falar non son os personaxes senón un académico de la real academia que senta no sillón R.

  2. Laura di:

    Lorenzo, tamén a min me recomendaron “os enamoramentos”. A min gustoume. Javier Marías é un escritor que me gusta, mais ten que ser no momento adecuado, posto que sí, a súa lectura está impregnada del mesmo: Javier Marías. É imposible non recoñecelo.

    Gústame como xoga coas palabras e ese academicismo de pluma de altura, e son capaz de apreciar a literatura como tal. Non hai dúbida de que ten dotes para escribir, e non hai dúbida de que o sabe. Ademáis, está claro que non escrebe para o gran público. A min méteme no seu mundo con facilidade. Sen embargo, teño as veces a sensación de que os temas, o formato, e as historias que escribe non sempre estan á altura da súa capacidade. Esto chámame moito a atención; é como se as veces non “me pegara” utilizar ese tipo de linguaxe para contar o que el conta , e as veces carga de filosofía detalles … eu penso que innecesariamente… non sei. Bueno; en conxunto Javier Marías é un escritor que me gusta. Moito máis que, por exemplo, o seu colega de sillón: Pérez Reverte.

    Facendo repaso da miña de lista de libros este ano, estoume a decatar de que 2011 foi para min un ano máis relector que lector. O escritor que “descubrín” foi Julian Barnes, e afondei moito na obra de George Orwell, que redescubrín no seu idioma orixinal. O meu descubrimento literario dame un pouco de vergonza confesalo, porque sendo unha amante das letras hispanoamericanas non sei cómo non tiña lido antes este libro, que novela marabillosa! Pedro Páramo. E por último, a relectura e a novela coa que máis tempo pasei, que relín e relín e relín e me acompañou durante todo o verán, e que canto máis a leo máis cousas lle atopo e máis me gusta, foi esa novela sen fin que non deixa de abraiarme: Cien Años de Soledad.

  3. Laura di:

    Oh, por certo, teño “Ninguén” nas mans: que portada horripilante lle puxeron! O libro que lin de Fran Alonso: “males de cabeza”, gustoume moito. De feito foi o libro que máis me gustou das letras galegas do ano pasado.

  4. Anxo di:

    Ola, pois para min 2011 tivo boas lecturas, pero non houbo un libro que me deixara abraiado, de destacar un sinalaría “1q84” de Murakami
    Saúdos

  5. Lin ultimamente “Laura no deserto” e encantoume. Creo que está chamado a ser unha das grandes novelas da nosa literatura. “Los enamoramientos” é iso, Javier Marías. “X” de Percival Everett é un libro moi interesante e diferente. “Una esposa de fiar” tamén me gustara… Pero non vos sei dicir cal foi o meu libro do ano, quédome cunha morea de títulos que me gustaron. Ao mellor é que son pouco esixente…
    Feliz ano a tod@s!

  6. carolinalaya di:

    A min gustaríame recomendar un libro, aínda que non o lera este ano. Hai tempo que o lin e cando me preguntan por un bo libro este título sempre me vén á cabeza como un dos mellores que lin na miña vida. Trátase de MAUS, de Art Spiegelman. Ao principio pode resultar raro iso de ler en formato cómic, pero a min acaboume enganchando ata tal punto… unha mágoa que se remate de ler tan rápido. Espero que vos guste. Feliz ano!

    • Anxo di:

      Ola Carolinalaya, grazas pola suxestión, para min Maus tamén foi un libro especial, din con el hai 2 anos aproximadamente e grazas ao que disfrutei del me fixen lector de banda deseñada e descubrín outros comics/novelas gráficas/bandas deseñadas moi interesantes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s