Tendes lido algunha novela de Paul Auster aparte de Sunset Park? Cál vos gustou máis e por qué?


Aquí temos as novelas que escribiu Paul Auster, aparte de ensaios, colaboracións coma guionista e poesía.

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Decembro-Sunset Park. Ligazón permanente.

7 Responses to Tendes lido algunha novela de Paul Auster aparte de Sunset Park? Cál vos gustou máis e por qué?

  1. lorenzo di:

    de paul auster lin 4 novelas: leviatan; mr. vertigo; brookling foolies; un home na escuridade. destes catro, o que mais me gustou foi brooling follies. Pero o meu libro preferido de Auser é Smoke. tanto o libro como a pelicula. Foi o primeiro que lin del. O que veu despois tecnicamente é mellor e tal vez máis inquietante pero,ainda que a sensacion de ausencia nunca abandona os personaxes de Auster, en Smoke o borda: personaxes da grande city que por moito que interactuen sempre verán o veciño baleiro de contido social e moral.
    lourenço

  2. Anxo di:

    Ola, coñecín a Auster polo cine, Blue in the face, e despois duns cantos anos coñecino como escritor e lle estou moi agradecido 😉 . Levaba moitos anos sen ler literatura e tiña ganas de retomar ese pracer, tiña a mente cun tema que ademáis se me facía dificil desconectar del, non sabía con que libro probar e me decidín por Brookyn follies, encantoume!, conectei moito con el, desconestei do tema que me tiña algo obsesionado, gustoume moito o xeito de relatar a historia, despois desa lectura quedei enganchado á lectura e a Auster. As seguintes lecturas foron despois dese descubrimento tamén de Paul Auster, Mr Vértigo, El libro de las ilusiones, El palacio de la luna; despois decidín probar con outros escritores, pero cando hai novo libro de Auster o acabo lendo, Viaxes no Scriptorium, Un home na oscuridade, Invisible, Sunset Park, destes últimos libros o que máis me gustou foi Sunset Park; e de todo o que lin de Auster o que menos me gustou foi Viaxes no Scriptorium
    Saúdos
    Anxo

  3. Laura di:

    Eu coñecín a Auster por Leviatán, que me gustara bastante, pero do cal lembro moi poucos detalles. Pouco despois de lelo, Auster empezou a facerse moito máis popular aquí en España, e as librerías se encheron de libros seus. Botei moito tempo sin ler nada del ata que me caeu nas mans “El Libro de Las Ilusiones”, que me gustou, aínda que non me entusiasmou. Lin despois Brooklin Follies, e tamén sen estar mal, atopeino moi similar ao anterior. Auster ten un xeito de escribir que engancha, clava ben a un certo tipo de personaxe, e critica duramente á sociedade americana, pero non é un escritor de cabeceira para mín. Posteriormente lin “ciudad de cristal” ( a miña favorita sen lugar a dúbidas) e “un home na escuridade”, que me gustou máis ben pouco.
    Veremos qué tal resulta Sunset Park.
    Coincido, porén, con Lorenzo en que Smoke ten un gran guión e é unha gran película.
    Saúdos.

  4. Ola! Eu creo de Auster lin case todo. Lembro con moito cariño “Mr. Vértigo” por ser a primeira vez que se publicaba en galego e porque me encantara. Por suposto, “La trilogía” é do mellor. “Leviatán” e “El palacio de la luna”, boísimas. Ten unha obriña que se chama “A salto de mata” tamén interesante.
    Mirei no blogue, a ver cales tiña comentado ultimamente. E atopei “La trilogía”, “Brooklyn Follies”, “Invisible”, “Viaxes no Scriptorium”… Vaia, nótase que é un dos meus autores!

  5. Suevo di:

    Moi boas! Pois que lembre, de Auster lin Leviatán, El libro de las ilusiones, La noche del oráculo, Brooklyn Follies, Viaxes no Scriptorium e Un home na escuridade. Coido que eu tamén me quedo con Brooklyn Follies. Foi o primeiro que lin deste autor, o que me levou ós outros e o que más me gustou.

  6. susarins di:

    eu só lim brooklyn follies e chegou para eu gostar muitíssimo deste escritor. tenho na casa o do homem na escuridade e algum mais, porém ainda nom entrei neles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s