Extractos do discurso de Paul Auster ao recibir o premio Principe de Asturias


Ola a todos!

Auster refírese ao oficio de escribir como unha extraña actividade, un impulso humano… e inútil. Cando en 2006 se lle outorgaba o premio Príncipe de Asturias,  regalábanos unha serie de perlas, que creo que paga a pena comentar.

Podedes acceder ao discurso completo nesta  ligazón:

<<Non sei por que escribo, pero teño a necesidade de facelo dende que era adolescente>>

<<Facer arte non ten ningún sentido. Non é práctico, ben mirado é algo completamente inútil…  pero é precisamente esta inutilidade o que lle dá valor, é a capacidade de crear o que nos fai humanos>>

<<A todo neno lle gusta escoitar historias.  Precisamos que nos conten historias coma o comer>>

<<A novela é un lugar onde dous estraños, lector e escritor, se atopan en absoluta intimidade>>

<<Nunca me quixen adicar a outra cousa>>

Paul Auster.

Advertisements

About falemosdelecturas

Contáctanos en falemosdelecturas@gmail.com
Esta entrada foi publicada en Decembro-Sunset Park, Paul Auster. Ligazón permanente.

3 Responses to Extractos do discurso de Paul Auster ao recibir o premio Principe de Asturias

  1. Anxo di:

    Ola, gustoume moito discurso de Auster.
    Tamén me gustou o discurso deste ano de Leonard Cohen, neste enlace está o video co discurso http://www.rtve.es/alacarta/videos/premios-principe-de-asturias/premios-principe-asturias-discurso-leonard-cohen/1230112/
    Saúdos

    • Laura di:

      Encántame o señor Cohen. No seu discurso consegue transmitir gratitude sincera, que non é sinxelo de facer neste tipo de discursos que sempre soan tan manidos.

  2. Laura di:

    Ola!
    A mín tamén me gustou o seu discurso. Atopo especialmente interesante que califique o arte como “totalmente prescindíbel” e coincido plenamente con él. Penso que é precisamente esa “inutilidade práctica” o que fai ao arte Arte, e o que realmente distingue ao ser humán do resto dos animais. Todos somos un pouco artistas, aínda que non nos decatemos.
    Non sei se estou tan dacordo có que di acerca de que a todos nos gusta que nos conten historias, penso que a algunha xente lle aburre escoitar, sexa cal for o medio de transmisión do conto.

    Saudiños

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s